Skip to Content

Historia

HISTORIA DO NOSO CENTRO

 

O núcleo inicial deste colexio foron dúas escolas unitarias de nenos e nenas e unha de párvulos.

Por mor do alto número de alumnado matriculado e pola zona onde estaba, decidiuse a fundación dun grupo escolar no que se integrarían, ademais das xa mencionadas, outras dúas escolas da zona rural.

Edificouse no ano 1970, nunha primeira fase, a parte norte composta de dúas naves e un comedor. Posteriormente, con data do 15 de maio de 1972, integráronse as escolas de Orbazai, Piúgos, unitarias de Soñar, Esperante e nenos de Calde.

Máis tarde uníronse as de: nenas de Calde, Conturiz, Bazar, Coeses (nenos e nenas), Ribas de Miño, San Xoán do Campo, Argonde e Santiago de Saa, estando xa feito, segundo o plan de urxencias da Lei de Villar Palasí, o edificio sur, con laboratorio, sala de usos múltiples, biblioteca, titorías, cociña e comedor.

Pasado un tempo, transformouse o comedor do edifico norte nun ximnasio.

O edificio máis novo remodélase no ano 1984 e, no curso 1991/1992, restáurase case na súa totalidade o edificio antigo.

Distribuir contido


by Dr. Radut