1.1.
OBXECTIVOS XERAIS DO CENTRO.
1) Lograr que os pais e nais tomen conciencia da importancia que o proceso educativo ten para os seus fillos/as, potenciando as relacións horizontais entre pais/nais e mestres/as e tamén entre os propios alumnos/as.
2) Promover actitudes solidarias e de respecto mutuo entre o alumnado, para evitar calquera situación de acoso en calquera das súas modalidades.
3) Lograr que cada alumno/a como suxeito singular peculiar e irrepetible acade o maior grado de plenitude intelectual, ética e social.
4) Formar ó alumnado no respecto dos dereitos e liberdades fundamentais recoñecidos na Constitución e no exercicio da tolerancia e da liberdade dentro dos principios democráticos da convivencia
5) Potenciar unha ensinanza activa na que se desenvolvan a iniciativa, a creatividade e o espírito crítico.
6)Adquirir por parte do alumnado hábitos intelectuais e técnicas de traballo.
7) Utilizar con fluidez as dúas linguas oficiais.
8) Potenciar a autoestima.
9)Sensibilizar á Comunidade Educativa das consecuencias que teñen para o medio ambiente os nosos hábitos de consumo e actuar nun senso proteccionista co propio medio.
10)Potenciar un réxime de coeducación no que non se produza discriminación algunha.
11)Formar ós alumnos/as para a paz, a saúde a cooperación, a solidariedade entre os pobos facéndoos coñecedores do mundo actual e os seus problemas, para seren capaces de superar as agresividade que hai nel.
12)Capacitar ós alumnos para que ó rematar os estudios de Primaria poidan optar libre e conscientemente pola continuidade da súa formación.
13)Fomentar no alumnado, profesorado e moi particularmente nas familias a necesidade de aprender sobre as TIC, aprender das TIC e aprender coas TIC, asumindo que son un recurso indispensable para favorecer métodos de aprendizaxe innovadores e que posibilitan aprendizaxes significativas e interdisciplinares.