Lucía López Espiñeira de 5ªB de E.P. escribiu a palabra gañadora do mes de decembro: BARALLOCAS. NORABOA!
Segundo a RAG, a palabra "barallocas" significa:
Persoa que embarulla todo cando fala de tal maneira que non se lle entende o que quere dicir.
As palabras finalistas foron:
LURA, OUVEAR, PANXOLIÑA, SOLPOR, ÁRBORE, FEIXÓN E LARANXEIRO.