PRESIDENTA
Marta Prego
VICEPRESIDENTA
SECRETARIA
Carmen Álvarez
TESORERA
Marta Prego
VOGAIS
Marta Prego
A. Borja Vázquez
Marta Brantuas
Sandra Regueira
Mª Juncal Mella
Noela Seijo
A Asociación de Pais e Nais de alumnos é un elemento importante dentro do funcionamento do centro.
Grazas á asociación están en marcha no colexio os seguintes servicios:
- Comedor Escolar e Programa Madrugadores:
Xestionado pola ANPA e mediante un servicio de catering, máis de 60 alumnos do colexio están inscritos no comedor, que funciona de 14 a 16 durante todo o curso escolar, incluidos os meses de setembro e xuño . Durante este horario están atendidos por educadores. O programa de "Madrugadores atende a 15 alumnos en horario de 7'30 da mañá ata o inicio das clases ás 9'00.
- Actividades Extraescolares:
En horario de 16 a 18, todos os días, de luns a venres, máis da metade dos alumnos do colexio acuden ao centro, onde un grupo de educadores desenvolven as actividades do Programa de Ocio Educativo da Concellaría de Educación.
- Inglés:
En horario de 16 a 18, martes e xoves o programa LISTEN LAB.
- Deporte no Centro:
en horario de 16 a 18, martes e xoves para toda a etapa de Primaria, os seguintes deportes: patinaxe, baile moderno, multideporte.
- Cooperativa de material para educación infantil, 1º ciclo de primaria.
- Colaboración nas actividades do Centro:
Os pais e nais colaboran normalmente dunha forma activa en todas as actividades do Centro.
- TELEFONO DE CONTACTO DA APA: 673 56 07 78
- DIRECCIÓN DE CORREO: apacastelaoanxo@gmail.com