Actividades

ENTROIDO 2020

Xa están dispoñibles as mellores imaxes deste Entroido inolvidable!

 

Volven os obradoiros!

Tod@s estabamos esperando con desexo o comezo das novas sesións de obradoiros neste 2º trimestre.

Grupos novos e un obradoiro de estrea que se une aos xa existentes: a radio escolar!

A primeira xornada foi un éxito absoluto con tod@s orgullosos de levar a cabo un traballo de equipo e aprender de forma distinta.

Día escolar da Paz e non violencia

Este curso o tema principal do noso cole é a cociña. Por iso, neste día escolar da Paz e non violencia quixemos cociñar entre tod@s un caldiño cheo de mensaxes pacifistas e bos desexos.

Así de fabulosa luciu a nosa receita de paz!

Xornada de deporte escolar en As Neves

Un trimestre máis @s alumn@s de 3º, 4º, 5º e 6º participaron nunha fantástica xornada de deporte e integración cos colexios de Valeixe e As Neves.

O tempo non acompañou pero iso non desmotivou @s cativ@s que se divertiron coma sempre e gozaron cos diferentes xogos que lles tiñan preparados @s profes.

Aquí tendes unha pequena mostra dos mesmos.

Un outono de conto

Grazas á colaboración das familias conseguimos estas incribles instantaneas d@s nos@s cativ@s na natureza cos seus contos favoritos!

Recollida de pilas 1º trimestre

Noraboa a tod@s!! 144 kg de pilas!!!!

 

Distribuir contido