Admisión de alumnado para o curso 2021/2022
Ábrese o prazo de presentación de solicitudes de admisión de alumnado de cara ao vindeiro curso, dende o 1 ata o 22 de marzo, ambos inclusive.
Se o desexan tamén poden informarse e realizala a través da aplicación da Xunta.
SOLICITAR A ADMISIÓN ONLINE do 1 ao 20 de marzo
DOCUMENTACIÓN PARA FORMALIZAR A ADMISIÓN-MATRÍCULA PARA O CURSO 2021/2022
CALENDARIO "TEMPO DE MULLERES, MULLERES NO TEMPO 2021"
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega preparou este fermoso e orixinal calendario cósmico, no que observaremos os feitos máis importantes da vida do Universo na escala dun ano. Ademais cada mes aprenderemos xeniais frases de grandes mulleres.
Anexo ás normas de organización e funcionamento do centro en caso de ensino non presencial
Publicamos a adaptación das Normas de Organización e Funcionamento (NOF) para o desenvolvemento da actividade de ensino-aprendizaxe no ensino a distancia, de ser decidido polas autoridades sanitarias.
HORARIOS PARA SUPOSTOS DE ENSINO A DISTANCIA
Publicamos os horarios do centro para manter a actividade lectiva nos supostos en que se teña que pasar á educación a distancia por decisión das autoridades sanitarias.
DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE PRIMARIA
No Diario Oficial de Galicia nº 230, do 13.11.2020, publícase a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria,educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).
Acompáñase unha nota informativa ó respecto así como os Anexos I (Solicitude) e II ( comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
NOTA IMPORTANTE: Non ten que presentar solicitude o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021. Este alumnado xa é beneficiario directo das máscaras sen necesidade de solicitalo.
PLAN DE CONTINXENCIA ACTUALIZADO
O día 3-11-20 publicouse a Resolución da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional sobre horarios e ensino virtual ante a Covid-19.
Con este motivo procedemos á actualización do PLAN DE CONTINXENCIA do centro coa inclusión dos horarios e das normas, para o alumnado de terceiro de educación primaria en adiante, para os supostos de ensino a distancia no caso de peche de aula.
BASES DO CONCURSO DE CARTEIS E REDACCIÓN DA “LXI FESTA DA LAMPREA”
O Concello de Arbo convoca o concurso de carteis e redacción, con motivo da celebración da “LXI Festa da Lamprea”.
Aquí podedes consultar a información sobre a convocatoria e as bases de dito concurso.
