Actividades

Visita ao mercado E. Infantil. Maio de 2017

Os alumnos de Educación Infantil visitaron o mercado municipal de Arbo o 24 de maio de 2017. Alí puideron observar os diferentes tipos de alimentos frescos que se venden necesarios para unha dieta sa e equilibrada.

Aquí ÁLBUM DE FOTOS 

Visita ao mercado 24 de maio de 2017 by Slidely Slideshow

Nova xornada de Deporte Escolar. Abril 2017

 

O xoves 27 de abril os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º disfrutaron dunha nova xornada de Deporte Escolar. Desta volta a cita era en Valeixe. Os xogos e deportes alternativos que practicaron foron: kinball, brilé, bolos, béisbol, paracaídas, petanca, unihoquei, o pano, pelotas saltarinas e ultimate (discos voadores). A diversión estivo asegurada como mostran as fotos recollidas da actovodade.

AQUÍ ÁLBUM DE FOTOS

        

Día da árbore e da auga. Marzo 2017

O pasado venres 17 de marzo celebramos o día da árbore cunha "camiñata" dende o cole ata a área recreativa que hai detrás do campo de fútbol. Os "peques" de infantil fixeron o percorrido en autobús. O obxectivo era plantar dúas árbores e comprobar o estado das árbores que xa se plantaran anos anteriores, así como desfrutar do saudable que é poder facer un percorrido en contacto coa natureza.Saimos do cole un pouco antes das doce e comezamos a ruta. O día foi espectacular. Acompañounos o sol todo o traxecto. O percorrido aínda que a algúns lles pareceu longo, foi moi agradable e mereceu  a pena, pois gozamos dunhas paisaxes únicas. Ao chegar alí recuperamos forzas cunha pequena merenda e logo puxémonos mans á obra. Pasámolo moi ben como podedes intuír nas fotos aínda que chegásemos un pouco cansos. 

ÁLBUM DE FOTOS AQUÍ

 

Detectives verdes en acción

Xa están en funcionamento os detectives verdes do cole que sairán ao patio unha vez á semana e realizarán as seguintes funcións:

   

Nova Xornada de Deporte Escolar. Febreiro 2017

Que desexados son estes días por todos os nenos e nenas do cole! E por fin chegou. Hoxe 23 de febreiro de 2017, xuntámonos de novo os compañeiros de Valeixe, As Neves e nós, no noso cole. Esta vez para xogar a baloncesto, balonmán e fútbol. Pasámolo xenial.

AQUÍ as fotos!

    

  

  

Froita fresca para todos!

A semana do 13 ao 17 de febreiro foi o primeiro dos tres períodos que temos dentro do programa de distribución de froita fresca. Repartíronse entre todos: mazás, mandarinas, peras e plátanos. Cada quen ten a súa preferida, e non faltaron algúns esforzos con aquelas froitas que eran "menos preferidas". AQUÍ máis fotos.

   

  

1ª Xornada de Atletismo. Xaneiro 2017

Hoxe 26 de xaneiro de 2017, tivo lugar a 1ª xornada de atletismo contemplada dentro do Proxecto Deportivo de Centro. A actividade tivo lugar nas Neves, onde nos xuntamos tamén cos compañeiros de Valeixe. Nas imaxes podedes ver algunhas das disciplinas que practicamos e intuir o ben que o pasamos!

    

    

 

 

 

 

 

Distribuir contido