Actividades

Programa de distribución de froitas frescas

Un ano máis o noso cole forma parte do programa de distribución de froita fresca. Tres son os períodos que nos viñeron concedidos: do 13 ao 19 de febreiro,do 13 ao 19 de marzo, e do 24 ao 30 de abril.

Visita a Balaídos. Decembro 2016

O venres 9 de decembro de 2016 os nenos de segundo a sexto de primaria fomos visitar unha instalación deportiva. Nin máis nin menos ca o estadio de Balaídos, onde xogan moitos dos nosos ídolos. Estivo un día estupendo e pasámolo xenial como podemos ver nesta cantidade de fotos que fixemos. Ah! tamén podedes ver algúns debuxos que fixeron os nenos de segundo ao chegaren ao cole. Premede AQUÍ.

  

 

 

Visita de Susa Herrera. Novembro 2016

O venres 11 de novembro de 2016 contamos coa grata visita de Susa Herrera. Tivemos ocasión de pasar un rato moi agradable e divertido, pois brindounos a oportunidade de cantar e facer diferentes coreografías coas súas cancións.

AQUÍ podedes ver MÁIS FOTOS e VÍDEO

                           

Saúde bucodental. Outubro 2016.

O Sr. Alcalde e a concelleira representante no Consello Escolar, fixeron entrega o xoves 20 de outubro, duns cepillos de dentes para todos os nenos do centro.

      

RECREOS ACTIVOS. CURSO 2016/2017

Este ano como novidade decidimos facer uns recreos diferentes co obxectivo de fomentar a actividade física e deportiva, favorecendo así a adquisición dos diferentes valores que estas actividades levan asociados. Deste xeito comezamos ofertando os luns e os martes os xogos da corda e do brilé respectivamentepara os alumnos de primaria. A proposta tivo boa aollida.

 

 

 

Tamén en E. Infantil apostamos pola actividade física, coa introducción, neste caso, de xogos populares e tradicionais como as carreiras de sacos.

Distribuir contido