Actividades

Actividades

Podedes ver as actividades realizadas no blog do cole:

BLOG

ENTROIDO 2020

Xa están dispoñibles as mellores imaxes deste Entroido inolvidable!

 

Exposición de traxes de Entroido

Este ano a entrado do cole é coma un museo.

Temos expostos os traxes típicos do Entroido en distintas vilas de Galicia: Xinzo, Verín, Maceda...

Ademais, @s nen@s do obradoiro de manualidades elaboraron unhas fermosas máscaras que adornan e dan unha cor especial á entrada.

Álbum: 2019/2020 -> Entroido

Volven os obradoiros!

Tod@s estabamos esperando con desexo o comezo das novas sesións de obradoiros neste 2º trimestre.

Grupos novos e un obradoiro de estrea que se une aos xa existentes: a radio escolar!

A primeira xornada foi un éxito absoluto con tod@s orgullosos de levar a cabo un traballo de equipo e aprender de forma distinta.

Día escolar da Paz e non violencia

Este curso o tema principal do noso cole é a cociña. Por iso, neste día escolar da Paz e non violencia quixemos cociñar entre tod@s un caldiño cheo de mensaxes pacifistas e bos desexos.

Así de fabulosa luciu a nosa receita de paz!

Magosto 2019

A celebración do Magosto tivo un punto de sorpresa para @s nos@s peques: a aparición do Sol! Non se falaba doutra cousa no cole, o mellor día da semana foi este venres, día no que festexamos a comilota das castañas. Pasamos un día moi divertido cheo de risas e de xogos. Para mostra tendes esta presentación coas mellores imaxes da xornada.

Distribuir contido