Actividades

Os electrecos visitan o cole

Os Electrecos (Bolechas) queren formar un gran movemento de superheroes da reciclaxe de Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos, RAEE. Pero precisan que lles axudemos. Por iso visitaron Arbo para falarvos da reciclaxe de RAEE e sumar seguidores á Real Orde do Movemento RAEE dos Bolechas.

Pásamolo en grande! E por suposto, aprendemos un montón!

Motivad@s coa reciclaxe

A pesaxe de pilas foi un novo éxito de toda a comunidade educativa.

Un trimestre máis conseguimos recompilar 75 kilos que evitaremos acaben contaminando o noso planeta.

Noraboa a tod@s!

Día da árbore

O día 21 de marzo, coincidindo co primeiro día da primavera no noso hemisferio, festéxase o día forestal mundial. Para conmemorar esta data todo o cole realizou unha andaina co fin de plantar unhas árbores doadas polo Colexio Estudio de Chandebrito.

Este cole sufriu de cerca, ao igual ca nós, os incendios pola zona e por iso iniciaron unha campaña para cultivar moitas árbores autóctonas para reforestar as zonas máis castigadas (carballos, castiñeiros e piñeiros).

Moitas grazas compañeir@s!

Xornada de deporte escolar en Arbo

Este mércores 27 de marzo tocou o turno do noso cole para facer de anfitrións nunha xornada de deporte no noso colexio.

As rapazas e rapaces de Valeixe e As Neves, acercáronse a Arbo para gozar un ano máis das actividades deportivas nas nosas instalacións.

Tivemos un tempo excelente e pasámolo en grande.

 

Xornada de deporte no cole de As Neves

Un curso máis a nosa escola xúntase cos coles da zona para gozar dunha xornada de deporte.

Xogos cooperativos nos recreos

No cole de Arbo os recreos fanse cada vez máis divertidos. Coa fin de que todas as nenas e os nenos consigan atopar o seu espazo no patio comezáronse a repartir distintos materias para ofrecer opcións de xogos que ata agora non había.

Distribuir contido