Día da árbore e da auga. Marzo 2017

O pasado venres 17 de marzo celebramos o día da árbore cunha "camiñata" dende o cole ata a área recreativa que hai detrás do campo de fútbol. Os "peques" de infantil fixeron o percorrido en autobús. O obxectivo era plantar dúas árbores e comprobar o estado das árbores que xa se plantaran anos anteriores, así como desfrutar do saudable que é poder facer un percorrido en contacto coa natureza.Saimos do cole un pouco antes das doce e comezamos a ruta. O día foi espectacular. Acompañounos o sol todo o traxecto. O percorrido aínda que a algúns lles pareceu longo, foi moi agradable e mereceu  a pena, pois gozamos dunhas paisaxes únicas. Ao chegar alí recuperamos forzas cunha pequena merenda e logo puxémonos mans á obra. Pasámolo moi ben como podedes intuír nas fotos aínda que chegásemos un pouco cansos. 

ÁLBUM DE FOTOS AQUÍ