Actividades

DIVERSIÓN EN FORMA DE OBRADOIROS

Este curso tivemos unha gran idea, traballar dividid@s en distintos obradoiros para aprender dunha maneira distinta, divertida e enriquecedora para as nenas e os nenos de primaria.

A idade non importa, o único que hai que ter son ganas de aprender e de pasar un ratiño diferente en compañía.

Día da BIBLIOTECA ESCOLAR

Dende 1997, conmemórase o Día da Biblioteca cada 24 de outubro. Este festexo pretende trasladar ao público a importancia da biblioteca como lugar de encontro para lectores de todas as idades coa cultura e como instrumento para mellorar a formación e a convivencia humana. @s alumn@s de 6º de Primaria quixeron animar a todo o cole a ler na biblioteca e para iso acudiron a todas as clases a contar un conto xenial. Fixeron as ledicias d@s máis pequen@s que viviron así, unha experiencia distintas cos libros.

Letras Galegas

Un ano máis festexamos o día das nosas Letras homenaxeando a Antón Fraguas.

O escritor pontevedrés loitou pola nosa lingua e por todo aquelo que nos representa como pobo galego.

Para saber máis de este mestre e historiador, recibimos a Iseo Agilda da compañía "Charlatana" que mediante o seu espectáculo "O bosque da Moura" acercou ao alumnado ao mundo de este fabuloso escritor.

Ademais, @s máis pequen@s gozaron dunha exhibición de folclore galego. Varias nais explicaron e amosaron os traxes típicos e o seu significado.

Moitas grazas familias!

a

Ademais, @s nen@s de 6ºde Educación Infantil plantaron un carballo no patio. Esperamos velo medrar!

Recuncho de igualdade

Con motivo da celebración do Día do Libro, inauguramos un recuncho de igualdade no cole. En este espazo podemos encontrar libros xeniais cos que divertirnos descubrindo que todos somos iguais aínda que sexamos moi diferentes.

Melloras na biblioteca do centro

A nosa biblio non para de renovarse para poder dar respostas as necesidades do alumnado. Esta semana estreamos solo de cortiza para favorecer o aislamento e calidez da aula.

Recomendacións de lectura para Nadal

Papá Noel e os Reis Magos están a punto de chegar!

Unha idea xenial é pedirlles un libro. Aquí vos deixamos algunhas ideas.

Distribuir contido