Actividades

A nosa biblioteca

A biblioteca do centro sempre está aberta para a comunidade educativa, busca ser un lugar de consulta, aprendizaxe e diversión.

Para resultar cada vez máis atractiva para o alumnado renóvanse títulos e tamén o mobiliario.

Así de chula quedou esta semana coas mesas e cadeiras novas.

Iago López cóntanos "O cociñeiro Martiño"

Hoxe tivemos a gran sorte de gozar dun contacontos moi especial.

O escritor Iago López contounos un dos seus libros "O cociñeiro Martiño". O chef Martiño quere converterse no cociñeiro do rei e para iso precisa conseguir todos os ingredientes para elaborar o mellor biscoito do mundo.

Foi xenial, os nenos e as nenas de Educación Infantil e de 1º e 2º puideron participar e escoitar unha historia do máis orixinal.

Noraboa compañeiro!

CONTACONTOS Iago López by Slidely Photo Gallery

LAPBOOKS SOBRE PAÍSES

Para conmemorar o día do libro, cada curso elaborou un Lapbook sobre un país. Podedes ver neste vídeo o grandísimo traballo feito por alumnos e mestres.

 

CONTO PAPÓN

Con motivo da celebración do Samaín, dende a biblioteca, preparouse un conto de medo que foi contado a todos os alumnos do colexio. Ao rematar, tamén se cantou a canción "O Papón".

 

UN AGASALLO DIFERENTE

Os alumnos de 5º de Primaria léronlle aos seus compañeiros do centro o conto "Un agasallo diferente". En diferentes grupos e días, foron polas clases contándolles esta fermosa historia.

 

As imaxes das diferentes lecturas podédelas ver AQUÍ

XAIME E AS LANDRAS

Os alumnos de 6º de Educación Primaria léronlle o conto "XAIME E AS LANDRAS" ao resto dos seus compañeiros do centro.

Este é o vídeo do conto.

 

 

 

Ademais, podedes ver AQUÍ as fotos da ACTIVIDADE.

Distribuir contido