Mellora da convivencia e igualdade

ENTROIDO 2020

Xa están dispoñibles as mellores imaxes deste Entroido inolvidable!

 

RADIO ARBO 1ª Edición

Que emoción!!! Xa está aquí o primeiro programa de RADIO ARBO! @s nos@s nen@s do obradoiro de radio esforzáronse ao máximo para poder emitir hoxe para toda a comunidade educativa o seu primeiro programa. Esperamos que vos guste!

 

 

25 de novembro: DÍA CONTRA A VIOLENCIA

O 25 de novembro é un día máis no que ensinar e lembrar @s nen@s a importacia das nosas accións, do que dicimos e tamén de como afectan @s demais. 

Cada día debemos ser conscientes de que vivimos con persoas que sinten igual ca nós, que son felices e tamén que poden non selo, e que somos parte activa das vidas d@s demais.

Tod@s podemos colaborar para que o mundo sexa mellor, podemos axudar @s compañeir@s, @s profes, as familias e @s nos@s veciñ@s.

Para falarnos disto e de moitas outras cousas, recibimos a Lorena Pinheiro e aos seus "Contos do chucurruchú" para amenizarnos esta xornada tan especial.

Obradoiros para favorecer a igualdade

Con motivo do Día da muller traballadora realizamos uns obradoiros para favorecer a igualdade entre nenas e nenos en todos os ámbitos da vida.

 

Distribuir contido