Entroido

ENTROIDO 2020

Xa están dispoñibles as mellores imaxes deste Entroido inolvidable!

 

Un ENTROIDO de cine

Este curso no colexio festexamos un Entroido de cine.

Cada clase escolleu unha película e tod@s debían vir con un disfraz dalgunha personaxe da mesma. Alicia no país das marabillas, O mago de Oz, Mary Poppins... FABULOSOS!!

 

ALBUM DE FOTOS AQUÍ!

 

Fabulosas máscaras

A clase de 5 anos vive o Entroido dun modo moi especial.

O importante nestes días é pasalo ben e tamén ser capaces de pasar desapercibidos con traxes e máscaras coloridas e divertidas. Aquí podedes ver que ben lles quedaron as que fixeron eles mesmos!

Máscaras 5 anos by Slidely Photo Gallery

ALBUM DE FOTOS AQUÍ

Recursos para o Entroidio

Aquí tedes uns recursos cos que podedes traballar este día tan especial.

Día de Entroido e troula! 2017

E chegou o gran día! Disfraces, música, baile, desfile, postre típicos, queima do meco... Non faltou de nada. Aquí tedes un pequeno resumo deste gran día. AQUÍ FOTOS

O Entroido 2017 chama a porta...

Mañá venres 24 de febreiro será o gran día no cole, pero ao longo da semana xa se foi respirando ambiente de entroido polas aulas e corredores. Para empezar, os nenos decoraron na casa en colaboración coas familias uns antifaces que quedaron preciosos e decoraron á entrada do cole estes días. Grazas a todos os que o fixestes posible. AQUÍ fotos dos traballos.


E como non, un ano máis o protagonista da semana foi o Meco, coas súas teimas, xa sabedes, ordes que se foron cumprindo sen chistar!

Tamén se fixeron algúns pequenos traballos relacionados coa data en moitas clases. Aquí vedes algúns deles. A ver se sodes capaces de recoñecer estas caras tan simpáticas!

  

 

ENTROIDO 2014

Un ano máis, Don Carnal chegou ao CEIP Antonio Carpintero para encher de diversión e colorido o centro.Durante toda a semana O Meco foi dando instrucións sobre como había que vir vestidos: calzóns por riba dos pantalóns, gorro de ducha, maquillaxe ou tatuaxe e bata.

O venres chegou o día grande, na que pequenos e maiores acudimos disfrazados de personaxes de cómics.

A choiva deunos unha tregua e deixounos facer o xa tradicional desfile polas rúas da vila, e previamente cargamos as pilas cunhas deliciosas sobremesas típicas do entroido.

Despois do desfile, os alumnos de 6º leron as coplas que con tanta ansia prepararon en días previos, e coa queima do Meco rematou a celebración desta data.

As imaxes podédelas ver AQUÍ

Distribuir contido