O día da Paz celebramos sesións de xogos colaborativos en todo o centro, maiores e pequenos, baixo o lema "hoxe gañamos todos". Este tipo de xogos están centrados na unión e tódolos xogadores son necesarios sin que nadie caia eliminado.
O Equipo de Convivencia fixo unha serie de propostas de xogos cooperativos e o Equipo de Educación Infantil organizou os grupos e as quendas para compartir aros ao ritmo da música, transportar conos na cabeza e transportar pelotas en ringleiras.
Dentro dos obxectivos do Equipo de Dinamización da Convivencia escolar, están entre outros:
Promover actividades para traballar as habilidades sociais, a autoestima, a intelixencia emocional, a resolución pacífica de conflictos...
Fomentar a participación no patio en xogos colectivos que favorezan a convivencia entre o alumnado na hora do recreo.
Deseñar actividades que contribuan a desenvolver a competencia social e cidadá.
Colaborar na proposta de actividades de acollida para o alumnado procedente doutros paises.
Promover a relación de igualdade entre homes e mulleres.
Todos estos obxectivos abarcan aspectos e situacións nos que se poden dar algún tipo de problemática entre os alumnos e alumnas. Por eso, para facelos visibles, e despois tratar de solucionalos, o Equipo puxo en funcionamento o BUZÓN DE CONVIVENCIA, do que explican a súa utilidade neste video.