Skip to Content

Abalar

Consellería de Educación

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO PROCESO DE ADMISIÓN 2018/19

Poden consultar as listaxes completas no taboleiro de anuncios do colexio.

ADMITIDOS:

Todo o alumnado solicitante dun posto escolar en 4º, 5º e 6º de educación infantil.

Todo o alumnado solicitante de un posto escolar en 1º (agás a presentada fóra de prazo), 2º, 3º, 4º e 5º de educación primaria.

NON ADMITIDOS:

Solicitude presentada fóra de prazo para 1º de educación primaria.

Solicitude presentada para 6º de educación primaria.

 

Os non admitidos deberán esperar á adxudicación da comisión de escolarización.

 

FORMALIZACION DA MATRÍCULA.

 O alumnado admitido en cada centro educativo formalizará matrícula empregando o modelo Anexo III no prazo seguinte:

Do 20 ao 30 de xuño

OUTRAS INFORMACIÓNS

Ábrese un prazo de 5 días dende o momento da publicación para reclamacións.

Para mais información diríxanse  á dirección do centro no número de teléfono 881866002.

 

Bertamiráns, 15 de maio de 2018

A DIRECTORA

 

Asdo.: Mª Isabel Abelleira Bardanca

Tendal de poemas e paxaros no paseo fluvial de Bertamiráns

        

Os alumnos e alumnas dos centros educativos de Ames participaron nesta proposta do EDNL  do Concello. Fixemos un tendal de poemas cos paxaros no paseo fluvial de Bertamiráns, na travesía do Porto no Milladoiro e no monte escolar de Carballo.

   Dous alumnos de cada clase foron elexidos por sorteo para representar aos seus compañeiros e levar os poemas que agora están pendurados das árbores para que disfrutedes lendo estos versos ilustrados.

VI Xornadas de Educación Infantil e Primaria

   Este sábado máis de 500 mestras e mestres de toda Galicia nos xuntamos no Auditorio de Abanca para asistir ás VI Xornadas de Educación Infantil e Primaria. O tema era "A escola que queremos". Estiveron David Bueno, doutor en Bioloxía e xenetista da Universidade de Barcelona que falou de educar coa sorpresa e o que dí a Neurociencia sobre a aprendizaxe. Susana Rodriguez Doutora en psicopedagoxía da Universidade da Coruña que presentou un informe do grupo de investigación de Psicoloxía educativa sobre os deberes escolares. Emilio Martín director da rede de centros en San Sebastián  presentou o sistema Amara Berri. O equipo directivo do CRA Antía Cal de Gondomar falaron de escola Pública viva e activa. Camino Pereiro Directora do CPI de Monfero e finalista dos premios Abanca da mellor docente de España  falou da súa experiencia personal como mestra e as dificultades que atopou. As mestras do Ceip de Tui presentaron o seu proxecto do patio dos seus soños e as do Cep de Redondela o de patios inclusivos para alumnos con TEA. E rematamos co coro de alumnos do IES Antón Fraguas no que Carlos Encisa demostrou que o que non pode faltar é a ilusión.

Fuxan os Ventos converte en canción un poema da protagonista das Letras Galegas

   Queremos compartir con todos vós esta peza de Fuxan os Ventos (do que forma parte a nosa compañeira e mestra deste centro, Carmen Vázquez), que  acaba de facer pública a súa homenaxe á autora protagonista do Día das Letras Galegas 2018. O grupo difundiu a través de distintas canles o vídeo no que interpreta "Lúa de prata", adaptación musical de "Cantiga", un dos poemas que se fixeron públicos en Elexías de luz (Xerais, 2006),  a obra póstuma que recolle a poesía para adultos da escritora María Victoria Moreno.

   Esperamos que desfrutedes desta fermosa interpretación  cunha harmonía de sons, na que as voces, vento, corda e percursión van da man sublimando as verbas de María Victoria Moreno.

Flash mob no día internacional da muller traballadora

    Os alumnos e alumnas do Ceip A Maía realizaron un traballo de busca para atopar mulleres que destacasen en todolos campos: científicas , escritoras, políticas,  pintoras, deportistas... e, antes de expoñelas, os de primaria fixeron estes flash mob cos seus achados. Ademáis fixeron con tódolos traballos os libros que agora están expostos na Biblioteca.

NOTA INFORMATIVA SOBRE A AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 Estimadas nais, pais, familias

Os días 28 e 29 maio, se celebrarán as probas de avaliación individualizada de terceiro curso de Educación Primaria, que teñen a consideración de censuais e, polo tanto, aplicaranse a todo o alumnado escolarizado en terceiro de primaria.

Estas probas teñen carácter diagnóstico, informativo e orientador para o alumnado, familias, centros e administración educativa.

Ademais, tanto o alumnado como as familias cubrirán un cuestionario de contexto, este poderase cumprimentar en liña ou en papel até o 5 de xuño. O propio centro proporcionará ás familias o cuestionario en papel si así o solicitan, senón poderán entrar na  web da aplicación e cubrilo en liña coa súa clave de acceso.

Para calquera dúbida que lles poida xurdir poden poñerse en contacto co centro no teléfono 881866002 ou no correo ceip.a.maia@edu.xunta.es

 

 

 

Bertamiráns, 13 de maio de 2019

A DIRECTORA

Mª Isabel Abelleira Bardanca

DÍAS NON LECTIVOS NO MES DE MAIO

DÍAS NON LECTIVOS PARA MAIO

Maio

1

Día non lectivo. Día da Festa do Traballo.

10

Festivo no Concello de Ames

11

Día non lectivo solicitado polo centro

17

Día non lectivo. Día das Letras Galegas.

365 Días da Muller Traballadora no Día do Libro

Ben é certo que o 8 de marzo foi o Día Internacional da Muller Traballadora, pero todos sabemos que non é só un día senón todo o ano. Igual pasa o 23 de abril co Día do libro. E por eso este ano todos os alumnos fixeron un gran traballo de investigación sobre as mulleres, os seus logros e traballos ao longo do tempo.

  Os máis pequenos partiron das mulleres máis cercanas a eles, as súas superheroinas: nais, avóas, tías, irmáns...

  Os maiores foron ampliando e buscaron mulleres galegas, españolas e internacionais, por todolos campos: ciencia, investigación, literatura, cine, música, deporte, danza, pintura,  tecnoloxías... de onte e de hoxe.

  Todos estes traballos foron postos finalmente en formato libro e agora están expostos na Biblioteca: á vosa disposición. Tamén podedes velos premendo en cada unha das portadas.

   Non están todas as que son, pero sí són todas as que están!!

           

            

         

             

                

                 

Visita de Charo Pita: narradora e escritora

  Dentro das actividades organizadas polo Equipo de Dinamización da Biblioteca, o pasado 17 de abril os nenos de infantil e os de 3º de primaria, tiveron a visita da narradora e escritora Charo Pita quen coa palabra, con rimas, xogos vocais, cancións e narrativa de contos tradicionais e outros, fíxonos pasar unha sesión moi divertida!. Os nenos escoitaron a Charo fascinados de principio a fin.

  Neste video tedes uns anaquiños "para abrir boca" coa actuación de Charo Pita cos pequenos de infantil:

  Unha montaxe coas fotos da actuación de Charo Pita cos nenos de infantil e os de 3º de primaria.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO PROCESO DE ADMISIÓN 2018/19

Poden consultar as listaxes completas no taboleiro de anuncios do colexio.

ADMITIDOS:

Todo o alumnado solicitante dun posto escolar en 4º, 5º e 6º de educación infantil.

Todo o alumnado solicitante de un posto escolar en 1º, 2º, 3º e 5º de educación primaria.

NON ADMITIDOS:

Todo o alumnado solicitante dun posto escolar en 4º e 6º de educación primaria.

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.

by Dr. Radut