AVISO IMPORTANTE: RECOLLIDA DE VALES PARA LIBROS E MATERIAL

Xa están a disposición dos solicitantes os vales para libros e material, poden chamar ao teléfono 881866006 para comprobar si lle foi concedido e, desde mañá venres 9 de xullo, poderán pasar polo centro a recollelos.

O horario do centro para recollida será de 10:00h. a 13:00h. 

HORARIO DE ATENCIÓN DURANTE O MES DE XULLO

HORARIO DE ATENCIÓN EN SECRETARÍA  DURANTE O MES DE XULLO

 

Dende o día 1 ao 31 xullo  o horario será de 10:00h. a 13:00h.

 

 

 

Durante todo o mes de agosto, o centro permanecerá pechado por vacacións.

Recollida do historial académico do alumnado que rematou a educación primaria.

Estimadas nais, pais, familias:

Desde o día 1 de xullo poden pasar pola secretaría do centro a recoller o historial académico do seu fillo ou filla.

Comunicámoslle que desde o CEIP xa se trasladou copia do historial  ao IES no que presentaron solicitude de admisión.

O único que o galego necesita de ti é que o fales

Coma todos os cursos, o EDLG do centro organizou o concurso de debuxo e lema a prol da nosa fermosa lingua.

Neste curso decidimos proporcionarlles ao alumnado o lema e que eles fixeran o debuxo. Cos debuxos elixidos polo xurado fixéronse unha mochilas de algodón para que as nosas nenas e nenos poidan espallar o lema e a lingua galega por onde vaian.

Os seleccionados foron os seguintes:

 

Educación infantil

1º e 2º de educación primaria

3º e 4º de educación primaria

5º e 6º de educación primaria

MATRÍCULA CURSO 2021/22: ALUMNADO DE NOVO INGRESO EN EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

 

PRAZO ORDINARIO DE MATRÍCULA DO 20 AO 30 DE XUÑO

Co fin de evitar aglomeracións e esperas innecesarias É OBRIGATORIO solicitar cita no teléfono 881866006

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

 

INFORMACIÓN SOBRE A ENTRADA NA ESCOLA: RECOMENDACIÓNS DE INTERESE PARA FAMILIAS DE ALUMNADO DE 3 ANOS

E ti...vas á escola?

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE TRANSPORTE ESCOLAR

Será usuario lexítimo do transporte escolar gratuíto o alumnado cuxo domicilio se encontre fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 km, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios. Para poder ser usuario lexítimo do servizo o alumnado deberá estar escolarizado no centro que lle corresponda, segundo a situación do seu domicilio e a distribución das áreas de influencia establecida ou contar cun ditame ou comunicación de escolarización forzosa emitido pola Administración Educativa.

Ante a eventualidade de que haxa vehículos que conten con prazas vacantes nas rutas de transporte escolar xestionadas pola Consellería de Educación e co obxectivo de optimizar os recursos dispoñibles, poderase, autorizar, o uso do servizo Ao alumnado de ensino obrigatorio e segundo ciclo de ensino infantil cuxo domicilio estea situado a unha distancia, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios, do centro escolar inferior a 2 km e superior a 1 km en zona urbanizada e 500 m en zona non urbanizada.

Se ben este alumnado non ostenta a condición de usuario lexítimo do transporte escolar, pode excepcionalmente usar o servizo, sempre que concorran os seguintes requisitos:

➢ Que existan prazas vacantes

➢ Que non comporte a modificación das rutas

 ➢ Que non supoña a creación de novas paradas

➢ Que non incremente a duración do traxecto

➢ Que non precise a incorporación de acompañante

                                                  

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE COMUNICACIÓNS DO CENTRO

As persoas proxenitoras, unha vez realizada a matrícula do seu fillo ou filla, deben descargar a aplicación abalarMóbilpara poder recibir comunicacións do centro.

 

INFORMACIÓN SOBRE A ANPA DO CENTRO

Circular xeral de benvida

 

SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2021/22

Desde mañá  xoves 17 de xuño até o xoves 15 de xullo ábrese  o prazo para solicitar praza no transporte escolar para o vindeiro curso 2021/22.

Para evitar aglomeracións innecesarias, a solicitude farase a través dun formulario web, ao que pode acceder dende aquí: https://forms.gle/hFqsjfJRtsaXVCe28

É moi importante que lean atentamente o formulario antes de cubrilo e de envialo, só permite un envío.

Ante calquera dúbida ou problema que lle xurda póñanse en contacto co centro nos seguintes teléfonos de atención:

881866006 (Lourdes)

 

LEXISLACIÓN RELACIONADA:

o   

LEI 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. (BOE, 31/07/87). Texto consolidado, 29 de setembro de 2018.

o   

REAL DECRETO 443/2001, do 27 de abril, sobre condicións de seguridade no transporte escolar e de menores. (BOE, 02/05/01). Modificado polo Real Decreto 894/2002, do 30 de agosto, (BOE, 31/08/02). Texto consolidado, última modificación: 5 de setembro de 2006.

o   

DECRETO 160/1988, do 9 de xuño, polo que se regula a prestación dos servicios de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia. (DOG, 27/06/88). Modificado polo Decreto 342/1998, do 27 de novembro, (DOG, 03/12/98) e polo Decreto 65/2014, do 28 de maio, (DOG, 10/06/14).

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021/22

Educación Infantil: Non hai libros

Educación primaria:

Pode consultar o listado de libros para educación primaria para o 

curso 2021/22 aquí. 

 

5º e 6º de primaria teñen libro dixital

 

Os listados de material serán proporcionados unha vez comece o curso, directamente polas titoras ou titores.

AVISO IMPORTANTE PARA O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: PASO Á SECUNDARIA

 

Estimadas familias e alumnado:

Informamosvos das actividades de final de curso para o alumnado de 6º de Educación Primaria que se van a desenvolver nos vindeiros días. Estas actividades están contempladas no Plan de Transición entre etapas educativas que forma parte do Proxecto Educativo do noso centro e teñen como obxectivo facilitar o paso dos nenos e nenas dende a Educación Primaria á Educación Secundaria.

Actividades:

Como consecuencia das características singulares deste curso 2020-2021 derivadas da pandemia do covid-19, o alumnado de 6º curso non pode realizar a tradicional visita ao instituto tal e como se viña realizando en cursos anteriores.

Coñecedores da importancia que para os rapaces/as ten o feito de coñecer as instalacións e o funcionamento do novo centro, así como os cambios a nivel curricular que se producen en 1º da ESO, deseñamos as seguintes actividades en colaboración co departamento de orientación do IES Plurilingüe de Ames:

 

1- Presentación da información proporcionada polo departamento de Orientación do IES de Ames.

Esta guía rápida explicarásevos aos alumnos/as en cada una das titorías de 6º. Tamén a poderedes atopar na páxina web do noso centro (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/) e na aula virtual.

 

2- Visita ao IES de Ames o día 17 de xuño.

Por mor da imposibilidade de visitar o IES en horario lectivo debido ás restriccións do protocolo covid, solicitamos a colaboración das familias para poder realizar esta visita fóra do horario escolar do seguinte xeito:

  • A visita terá carácter VOLUNTARIO.
  • Será responsabilidade das familias o traslado do alumnado ata o instituto e a recollida unha vez finalizada a visita, seguindo o horario de visita establecido para cada curso.
  • Unha vez que o alumnado chegue ao IES no horario previsto, será acompañado para realizar a visita polo seu profesorado titor e polas orientadoras do colexio e do instituto.

 

Horario de visitas para o día 17 establecido para cada curso (prégase puntualidade):

6ºA: de 16:30 a 17:00 horas

6ºB: de 17:15 a 17:45 horas

6ºC: de 18:00 a 18:30 horas

Finalmente, recordamos ao alumnado e ás familias que os sobres de matrícula para 1º da ESO atópanse no noso centro (CEIP A MAIA), polo que non teñen que solicitalos ao IES, na vindeira semana serán repartidos ao alumnado.

 

Agradecemos a vosa colaboración

Departamento de Orientación do CEIP A Maía

 

Consellos sobre seguridade en internet e redes sociais.

Benqueridas familias,

Presentámosvos estas ligazóns de utilidade para que poidades aprenderlle aos vosos fillos e fillas como navegar de xeito seguro por internet e como manexarse en redes sociais.

Cremos que é moi importante que teñan tamén o voso apoio e supervisión neste campo.

 

Guía de Google para as familias.

Contén toda a información e explicacións de internet e as novas tecnoloxias. Son 32 páxinas con todo tipo de información detallada. 

Ligazón

 

Pantallas Amigas

Guías, videos educativos destinados a primaria ou mesmo a adolescencia sobre toda a temática posible, onde temos información de saúde dixital, pautas, tolerancia, perigos, guías de violencia sexual, ciberacoso, sharenting...etcétera. É unha páxina con moitos recursos ben explicados.

Ligazón

 

En galego temos faite dixital (ligazón), que colabora coa Xunta de Galicia e Amtega para crear blogs, charlas educativas e demais desta temática.

 

Tamén buscamos dous videos explicativos, o mais claro posibles, sobre control parental, como funciona e as mellores apps para os pais.

Ligazón a Mi tribu

Ligazón a charla control parental

 

Na seguinte ligazón temos as leis de privacidade en internet: Ligazón

 

Procurade investir uns minutos nestes contidos, xa que os vosos fillos e fillas accederán de igual modo ás redes sociais e a internet. Que o fagan coas ferramentas e a formación precisa é cousa de todos.

Atención ás familias do Proxecto ELISA!

 

 
 Se non tivestes ocasión aínda, pregámosvos cubrades o voso cuestionario ELISA, accedendo no enlace: underisk.gal/t/elisa/gal/test , tamén dispoñible directamente no Facebook do proxecto ELISA:  facebook.com/proxectoELISA/ 

 

No noso Facebook tedes toda a información necesaria para obter a vosa clave de acceso e cubrilo, con vídeos titoriais de guía se os precisades. Tamén nos atopades á vosa disposición para calquera cuestión no teléfono 600 74 61 45 e correo-e: proxecto.elisa@usc.es.   

 

Por favor, necesitamos da vosa colaboración para continuar o seguimento das nosas crianzas. Moitas grazas por formar parte da comunidade ELISA!!
Distribuir contido