SAMAÍN E MAGOSTO

Estimadas familias,

con motivo da conmemoración do Samaín e do Magosto, e enmarcadas na “nova normalidade, desde o centro temos previstas as seguintes actividades:

  1. Exposición de cabazas nos corredores dos dous edificios, do 25 ao 29 de outubro. Subiranse fotografías á web para que as poidades ver nas casas.
  2. Contacontos virtual con Charo Pita, o venres 29 de outubro.
  3. Obradoiro de xogos tradicionais do Magosto, o venres 12 de novembro. Todas as actividades realizaranse en espazos exteriores cubertos e realízanse respectando os protocolos e medidas de seguridade e hixiene establecidas.

Lamentándoo moito, nesta ocasión os vosos fillos e fillas non poderán vir disfrazados, nin maquillados; a razón fundamental é por motivos hixiénico – sanitarios, xa que, si ben é certo  que a situación está estable en canto á COVID 19 e  non hai contaxios no centro; somos conscientes de que unha situación festiva poder facer que vire a situación.

Queremos que entendades o difícil que resulta que nenas e nenos que pasan cinco horas xuntos non queiran probarse os complementos que poida traer outra/o compañeira/o, e que perrucas, sombreiros, e outros complementos non acaben polo chan e pasando por varias mans.

Ademais, tede en conta  que unha porcentaxe  do noso alumnado está padecendo xa  os efectos dos cambios de temperatura tan drásticos que temos estes días (frío intenso polas mañás e temperaturas propias do verán a media mañá), polo que teñen moito moco e flemas e isto, xunto con mascarillas e maquillaxes, non é boa mestura. Sabemos tamén que está irrompendo con forza un virus causante de gastroenterites, polo que todo nos indica que tomemos o camiño da prudencia e da prevención e polo tanto, disfraces, complementos, vestimentas, adobíos varios, maquillaxes, … de momento non.

Sabemos que podedes entender a nosa postura de prudencia e por suposto que  na procura desa ansiada “nova normalidade” nos vemos limitados para seguir celebrando as conmemoracións como en cursos pre pandemia.

Grazas pola vosa comprensión e colaboración.

SORTEO PÚBLICO DE COMPOÑENTES DA XUNTA ELECTORAL PARA RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos., realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Centro.

 

        A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

 

  • A Directora do centro.
  • Unha mestra ou mestre.
  • Un pai ou nai ou titor legal.
  • Un representante do persoal de administración e servizos

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o día 27 de outubro, mércores, ás 11:40 horas.

 

        Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

       

                                               Bertamiráns, 25  de outubro de 2021.

 

 

A DIRECTORA DO CENTRO

 

Asdo.: Mª Isabel Abelleira Bardanca

 

DECLARACIÓN RESPONSABLE E ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN

DECLARACIÓN RESPONSABLE

 

Cada día, antes de acudir ao centro, os pais,/nais/titores legais realizarán unha valoración dos síntomas recollidos na enquisa de autoavaliación ao alumnado a fin de comprobar se estes son compatibles cunha infección por SARS-CoV.2. Ante a aparición de, polo menos, un dos síntomas que describe a enquisa de autoavaliación, os titores non enviarán ao alumno/a a clase e solicitarán consulta co seu médico ou pediatra. En caso de que un alumno/a que estea no centro teña algún síntoma compatible coa infección por SARS-CoV-2 de acordo coa enquisa de autoavaliación, deberá permanecer no espazo de illamento habilitado no centro ata que o responsable veña a recollelo.

ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN

EQUIPO COVID DO CENTRO

679462703 Isabel (Coordinadora Equipo COVID)

689672822 Marisú ( COVID Educación Infantil)

628272570 Maite ( COVID Educación Primaria)

SOLICITUDE DE COLABORACIÓN

Estimadas nais, pais, familias

Queremos darvos a benvida a este curso 2021/22 e PEDIRVOS ENCARECIDAMENTE A VOSA COLABORACIÓN para que as entradas e saídas funcionen correctamente. Si este curso queremos que as cousas saian igual de ben que o curso pasado, necesitamos pedirvos o cumprimento estrito das seguintes instrucións:

  • HAI 3 entradas ao recinto ben diferenciadas: o portal de infantil para o alumnado de infantil, o portal da pérgola para o alumnado transportado e o de 4º, 5º e 6º, e o portal lateral para alumnado de 1º, 2º e 3º.
  • AS ZONAS DE ENTRADA TEÑEN QUE ESTAR SEMPRE LIBRES PARA QUE POIDAN SER FLUÍDAS.
  • DEIXADE UN PERÍMETRO DE 2 ou 3 METROS ARREDOR DE CADA ENTRADA.
  • NON HAI QUE AMONTONARSE.
  • NON HAI QUE PEGARSE AOS PORTAIS.
  • NON HAI QUE INVADIR AS ZONAS DE PASO
  • NON HAI QUE OCUPAR A DÁRSENA DE AUTOBUSES

1º ENTRA O ALUMNADO DE AUTOBÚS de 8:50h a 9:00h

Hai que deixar a entrada libre para que as acompañantes os poidan achegar até o portal e, unha vez  alí, o profesorado de garda xa os vai encamiñando para cada porta de entrada.

 Por favor,  pedímosvos que non esteades no portal esperando, nin quededes na zona de entrada mirando, charlando, etc. Non é o momento de facer aglomeracións.

 

2º ENTRA O ALUMNADO NON TRANSPORTADO de 9:00h a 9:05h - 9:10h

Igualmente hai que deixar a entrada libre.  

 

Non é necesario nin prudente que cheguedes antes das 9:00h.

Si deixades que as vosas fillas e fillos se acheguen sós á entrada todo resultará mellor.

Si pasamos das 9:05h metendo o alumnado, tampouco pasa nada, xa que en todo momento estarán supervisados por nós.

 

Por favor, sexamos responsables, colaboremos todas e todos.

 

REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO

As reunións de inicio de curso faranse de xeito telemático a través da plataforma Webex

  

  • 5º e 6º de Educación infantil: luns 20 de setembro ás 16:30h.
  • 1º A – B – C de Educación primaria: luns 13 de setembro ás 17:00h
  • 2º A e B de  Educación primaria: luns 13 de setembro ás 17:00h. 2º C Martes 14 ás 16:30h.
  • 3º A – B – C de Educación primaria: mércores  15 de setembro ás 20:00h.
  • 4º A – B – C – D  de Educación primaria: luns 13 de setembro ás 17:00h.
  • 5º A – B – C de Educación primaria: luns 20 de setembro ás 19:00h.
  • 6º A – B – C de Educación primaria: luns 20 de setembro ás 17:00h.
Distribuir contido