SOLICITUDE DE COLABORACIÓN

Estimadas nais, pais, familias

Queremos darvos a benvida a este curso 2021/22 e PEDIRVOS ENCARECIDAMENTE A VOSA COLABORACIÓN para que as entradas e saídas funcionen correctamente. Si este curso queremos que as cousas saian igual de ben que o curso pasado, necesitamos pedirvos o cumprimento estrito das seguintes instrucións:

  • HAI 3 entradas ao recinto ben diferenciadas: o portal de infantil para o alumnado de infantil, o portal da pérgola para o alumnado transportado e o de 4º, 5º e 6º, e o portal lateral para alumnado de 1º, 2º e 3º.
  • AS ZONAS DE ENTRADA TEÑEN QUE ESTAR SEMPRE LIBRES PARA QUE POIDAN SER FLUÍDAS.
  • DEIXADE UN PERÍMETRO DE 2 ou 3 METROS ARREDOR DE CADA ENTRADA.
  • NON HAI QUE AMONTONARSE.
  • NON HAI QUE PEGARSE AOS PORTAIS.
  • NON HAI QUE INVADIR AS ZONAS DE PASO
  • NON HAI QUE OCUPAR A DÁRSENA DE AUTOBUSES

1º ENTRA O ALUMNADO DE AUTOBÚS de 8:50h a 9:00h

Hai que deixar a entrada libre para que as acompañantes os poidan achegar até o portal e, unha vez  alí, o profesorado de garda xa os vai encamiñando para cada porta de entrada.

 Por favor,  pedímosvos que non esteades no portal esperando, nin quededes na zona de entrada mirando, charlando, etc. Non é o momento de facer aglomeracións.

 

2º ENTRA O ALUMNADO NON TRANSPORTADO de 9:00h a 9:05h - 9:10h

Igualmente hai que deixar a entrada libre.  

 

Non é necesario nin prudente que cheguedes antes das 9:00h.

Si deixades que as vosas fillas e fillos se acheguen sós á entrada todo resultará mellor.

Si pasamos das 9:05h metendo o alumnado, tampouco pasa nada, xa que en todo momento estarán supervisados por nós.

 

Por favor, sexamos responsables, colaboremos todas e todos.