Skip to Content

EXCURSIÓN: O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA VISITA "A CASA DO PATRÓN"

 

O pasado día 9 de maio, o alumnado de 1º de educación primaria visitou “A Casa do Patrón”,  na aldea de Codeseda (Lalín). A Casa do Patrón é o museo Etnográfico máis importante de Galicia,  con trece salas organizadas por temáticas, con máis de 4500 pezas que amosan as nosas tradicións, os oficios galegos, a casa, a escola, a taberna, os telares, et. Ademais, teñen perfectamente organizadas diferentes actividades e obradoiros para escolares de tódolos niveis.

Pódese ver un vídeo da experiencia picando na seguinte imaxe.

 

ENQUISA SOBRE A CONVIVENCIA ESCOLAR

 

Como continuidade á Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020, a Consellería de Educación  ten en marcha a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025, que contempla o seguimento e avaliación da convivencia escolar en Galicia mediante a realización dunha enquisa bianual nos centros educativos e a elaboración do posterior informe de diagnose.

Poden participar na enquisa para valorar a convivencia escolar os seguintes colectivos:

•Alumnado: todo o alumnado a partir de 5º de Educación Primaria (5º e 6º de Primaria, ESO, FP Básica, Bacharelato, Formación Profesional, Ensinanzas de Persoas Adultas, Ensinanzas de Réxime Especial, etc).

•Profesorado: todo aquel que imparte docencia no centro educativo durante o curso académico completo.

•Persoal non docente: todo o persoal non docente do centro educativo.

•Familias: todas as familias responsables de alumnado con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos, cubrindo un cuestionario por familia e centro educativo.

A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática por internet, de xeito automatizado e totalmente anónimo. 

O Colexio fará chegar a todos e todas as persoas da comunidade educativa con dereito a participar na enquisa as claves de acceso á mesma e as orientacións para proceder. 

A aplicación informática mencionada leva o nome de ConvivenciaXestion e pódese acceder a ela mediante o seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/convivenciaxestion/

Dende alí poderase acceder ao cuestionario específico para cada colectivo (alumnado de primaria, profesorado, persoal non docente e familias), cubrilo e envialo.

 

O CONCELLO DE OURENSE CONVOCA AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E PARA COMEDORES ESCOLARES PARA O PRÓXIMO CURSO 2023-2024

O Concello de Ourense vén de publicar a convocatoria de  axudas para a adquisición de libros de texto, material escolar e para comedores escolares, de cara ao próximo curso 2023-2024. 

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o próximo día 15 de maio, luns (incluído).

Pódese obter información completa na seguinte ligazón: BECAS DO CONCELLO DE OURENSE PARA O CURSO 2023-2024

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024: PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS

Dende o 25 de abril de 2023 están expostas no taboleiro de anuncios do centro as listaxes provisionais de admitidos e de excluídos para o próximo curso académico 2023-2024. Contra esta resolución poderase formular reclamación entre o 26 de abril e o 4 de maio ante o Consello Escolar do Centro.

As listaxes definitivas publicaranse o 15 de maio.

O prazo para a formalización da matrícula irá do 20 ao 30 de xuño. Na páxina web do centro poderase atopar toda a información na semana previa.

 

INAUGURACIÓN DE NOVAS INSTALACIÓNS DA BIBLIOTECA ESCOLAR: Biblio@.lab (Aula LIA)

 

O 28 de marzo tivo lugar a inauguración de un novo espazo da Biblioteca Escolar. Trátase de un espazo dotado de recursos educativos, fundamentalmente tecnolóxicos, pensados para a incorporación de novas formas de ensinar e de aprender: pantalla interactiva de última xeración, 25 ordenadores con conexión wifi a internet, impresora 3D, estudo de radio, espazo croma con telepronter e cámaras avanzadas para gravacións audiovisuais, kits de robótica, medios para a realidade aumentada, espazo de xogo con especial protagonismo para proxectos LEGO, et.

Asistiron á inauguración diversas autoridades: A Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Dona Judith Fernández, O Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Don Gabriel Alén, A asesora de Bibliotecas Escolares de Galicia en Ourense, Dona Dolores Nieto, O Inspector Xefe de Educación de Ourense, A Inspectora do noso centro, entre outras.

No acto de inauguración un amplo grupo de alumnos e alumnas protagonizaron: a) a presentación do acto e das instalacións, b) unha breve demostracións de posibles actividades a desenvolver na aula e c) unha entrevista radiofónica a Don Gabriel Alén e a Dona Judith Fernández. A actuación de todo o alumnado foi realmente brillante.

Picando na seguinte imaxe pódese ver un video con fotos das novas instalacións e da inauguración das mesmas.

 

 

 

 Picando na seguinte imaxe poderase escoitar a entrevista completa a Don Gabriel e a Dona Judith en Radio Rosais.

 

PROGRAMA EDUCOCIO OURENSE (CONCELLO DE OURENSE)

 

A Concellería de Educación do Concello de Ourense informa da posta en marcha do PROGRAMA EDUCOCIO OURENSE.

Nas intalacións do CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso desenvolveranse actividades do programa os luns, de 17:00 a 19:00 horas, alternándose un luns as deportivas e outro as lúdico-didácticas.

O 31/03/2023 remata o prazo para inscribirse. Todas as fichas de inscrición posteriores pasarán a formar parte do listado de espera.

En documentos adxuntos pode verse e/ou descargarse a documentación que a Concellería de Educación enviou ao Centro para que se poña a disposición das familias:

As follas de inscrición cubertas entregaranse na Secretaría ou na Conserxería do CEIP Amadeo Rodríguez Barroso en horario lectivo de mañá (de 9:00 a 14:00 horas).

Distribuir contido


by Dr. Radut