Skip to Content

Entroido 2013

O tema do Entroido deste ano no cole foi o mar. Tivemos pescadores, mariñeiros, piratas, mergulladores e unhas moi coloridas augamares. Podedes ver unha selección de fotos picando na imaxe.

Entroido 2013

AVISO

A Coruña, 07 de febreiro de 2013

Por mor do falecemento da nosa compañeira Mª Isabel Armada Fernández, aprázase a festa do Entroido ata o próximo venres día 15, a partir das 12:30 horas no patio do colexio.

Os pais interesados en asistir á mesma farán a entrada pola cancela de acceso dos alumnos de ed. primaria.

No caso de chuvia o desfile farase no ximnasio e será distribuído por cursos.

Día da Paz 2013

O pasado mércores día 30 de xaneiro celebramos o día da Paz. Os alumnos de 6º de Ed. Primaria leron un manifesto pola Paz a través da megafonía do colexio. No patio fixemos unha pomba da Paz xigante e menuda festa montamos coa coreografía da canción escollida, divertímonos un montón. Podedes ver unha mostra das fotos na galería ou picando na foto de enriba.

Programa EDUCASAÚDE

 

 

 

 

 

Adxúntase información do programa municipal EDUCASAÚDE, promovido polo Concello de A Coruña; que proximamente se levará a cabo neste centro. Picade co rato na imaxe para acceder ao resumen de contidos do programa.

Reis Magos 2012

O venres antes de comezar as vacacións de Nadal tivemos a visita dos Reis Magos. Visitaron todas as clases do cole pero os nenos/as de ed. infantil e 1º ciclo de ed. primaria tiveron a sorte de ter unha "audiencia real" con eles na Sala de Usos Múltiples. As súas maxestades escoitaron as peticións que un a un lles fixemos.. e nos deron caramelos a todos. Que nervios! As fotos do acontecemento están dispoñibles en: Reis Magos 2012.

Reis Magos 2012

Distribuir contido



by Dr. Radut