Skip to Content

Transporte Escolar Curso 2012-2013

Adxúntanse os listados de usuarios de transporte escolar para o presente curso 2012-2013, coa parada indicada por cada un deles. Prégase que no caso de existir algún erro ou disconformidade se poñan en contacto á maior brevidade co centro.

Inicio do curso escolar 2012-2013

INCORPORACIÓN DO ALUMNADO CURSO 2012-2013 

Mércores, día 12 de setembro, ás 9:00 horas:

  • Ed. Infantil 4 anos
  • Ed. Infantil 5 anos
  • Ed. Primaria 1º ciclo (1º e 2º)
  • Ed. Primaria 2º ciclo (3º e 4º)
  • Ed. Primaria 3º ciclo (5º e 6º)

 

ALUMNADO DE 3 ANOS:

Os pais/nais/titores do alumnado de ed. infantil de 3 anos terán unha REUNIÓN co titor/a correspondente o VENRES día 7 de SETEMBRO ás 12:00 horas na que, entre outros asuntos, se lles comunicarán os horarios do período de adaptación.

Festa da Promoción de Ed. Infantil 2009-2012

Xa tedes dispoñible na Galería de Fotos as da Festa da Promoción de Ed. Infantil 2009-2012 que tivo lugar o pasado martes día 19 de Xuño.

Tivemos bailes, cancións e como non podía ser doutra maneira entrega de Diplomas.

Libros de Texto Curso 2012-2013

Enlace para descarga (en formato pdf): Relación de Libros de Texto 2012-2013

Distribuir contido



by Dr. Radut