Skip to Content

Formalización da Matrícula Curso 2012-2013

Os alumnos/as de novo ingreso admitidos no Centro formalizarán a súa inscripción na Secretaría do colexio do 20 ao 30 de xuño. Transcorrido este prazo, entenderase que os alumnos/as non matriculados renuncian á praza.

A documentación a presentar para a formalización da matrícula é a seguinte:

  • Impreso de matrícula.
  • Certificado médico.
  • 4 Fotografías tamaño carnet.
  • 2 fotocopias da tarxeta sanitaria.

Axudas para adquisición de libros de texto

Páxina web da Consellería de Educación con toda a información: Gratuidade Solidaria: Curso 2012/2013

Modelo de solicitude (formato pdf): ANEXO I - SOLICITUDE

A Voz dos nen@s Curso 2011-2012

Outro ano máis sae á luz un novo número da revista “ A Voz d@s nen@s”, grazas á cooperación de toda a comunidade educativa.  Por iso, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, damos as grazas a todos e todas polo traballo desenvolvido.

Arquivo para descarga (formato pdf): "A Voz d@s Nen@s 2011-2012"

Obradoiro didáctico

O vindeiro mércores 16 de maio, a Asociación Cultural Xacarandaina realizará un obradoiro de baile tradicional galego no CEIP Alborada. Dentro do programa "circuitos culturais" en centros escolares para o curso 2011-2012.

Participará o alumnado de 2º e 3º ciclo de Ed. Primaria.

Listado Definitivo de Admitidos para o curso 2012/2013.

Unha vez rematado o prazo legal e non habendo ningún tipo de reclamación, elévase a definitiva a lista provisional de alumnado admitido publicada con anterioridade.

Distribuir contido



by Dr. Radut