Skip to Content

Reis Magos 2012

O venres antes de comezar as vacacións de Nadal tivemos a visita dos Reis Magos. Visitaron todas as clases do cole pero os nenos/as de ed. infantil e 1º ciclo de ed. primaria tiveron a sorte de ter unha "audiencia real" con eles na Sala de Usos Múltiples. As súas maxestades escoitaron as peticións que un a un lles fixemos.. e nos deron caramelos a todos. Que nervios! As fotos do acontecemento están dispoñibles en: Reis Magos 2012.

Reis Magos 2012

Visita de Papá Noel

O martes 18 de decembro tivemos no cole a visita de Papá Noel e os seus elfos. Os nenos/as de ed. infantil e 1º ciclo de ed. primaria quedamos encantados. Podedes ver as fotos na Galería do centro.

Papá Noel 2012

Nadal 2012

Grazas a todos os alumnos que participaron no Concurso de postais 2012. Aínda que a elección dos gañadores foi complicada aí vai unha mostra. ¡Bo Nadal e Feliz Aninovo 2013!

sentímolo, flash non está dispoñible.

Magosto 2012

¡Que ricas estaban as castañas! E que ben o pasamos no Magosto. Botade unha ollada ás fotos da galería ou facede clic na foto.

Samaín 2012

O pasado día 31 de outubro celebramos no cole o Samaín.

Tivemos terroríficas cabazas para todos os gustos. Podedes ver unha mostra na galería de fotos da web do cole, ou facendo clic na imaxe.

Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración.

Samaín 2012

Distribuir contido



by Dr. Radut