Skip to Content

historial

O alborada conta, conta co Alborada

Desta vez o colexio énchese de contos, libros, números, palabras...porque todos temos sempre algo que contar; xa sexa a da nosa vida, unha historia que pensamos, que inventamos para entreter aos amigos, unha que nos ensine a medrar e ver o mundo doutro xeito ou unha cativa das que nos saen do corazón.

E nese contar ímonos coñecendo, abrímonos aos demáis e creamos un espazo compartido.

A nosa horta

A nosa horta ocupa o centro de moita da actividade que levamos a cabo no centro, xa que logo deámoslle o seu propio espazo.

Neste video podedes ver a nosa participación xunto con Laura, que tanto nos ensina da horta, no programa Cos pes na terra .

 

Os pequenos/as colleitando e desfrutando ao aire libre. Non vos perdades ás nosas amigas as miñocas, que tanto nos axudan a aboar os cultivos.

 

Plantamos uns pensamentos en honor a Rosalía comprobamos como ían os cultivos.

O Alborada súbese ao tren

Neste ano vindeiro o noso cole quere subirse ao tren.

A nosa idea é explorar este medio de locomoción, co que non sempre os pequenos/as están familiarizados, percorrer os mapas, entender a súa importancia presente e pasada, visitar de xeito real e/ou virtual os lugares polos que pasan as súas vías e coma sempre desfrutar e pasalo moi ben durante a viaxe.

 

Xa sabedes que sempre estamos dispostos a aprender de vós. Así pois se o voso traballo está ou estivo relacionado cos trens, se vos encantan e queredes contarnos cousas sobre eles, se sodes bos contacontos e coñecedes historias nas que o tren sexa o protagonista...sodes coma sempre benvidos/as.

 

Animádevos a facer cos pequenos/as e cos mestres/as esta viaxe!!

 

A Maxia chegou ao noso centro

A MAXIA chegou este ano ao noso centro e pouco a pouco vai enchendo cada recanto do mesmo.

Para comezar vimos de recibir a visita dun Mago xenial co que, ademáis de ver uns trucos fantásticos, mondámonos da risa.

Tanto os maiores que xa están máis lonxe da maxia e miran o mundo desde un punto de vista máis realista...

 

 

 Como os máis pequenos e pequenas para os que o todo é aínda posible

 

Durante todo o curso non perdemos A Maxia de vista. Así aprendimos a facer os nosos prpios trucos e mesmo algunhas profes actuaron para nós.

Distribuir contido



by Dr. Radut