Skip to Content

Sesións do Programa EducaSaúde para o mes de ABRIL

Adxúntase escrito remitido polo Concello de A Coruña no que se informa das datas das sesións programadas no mes de abril para as familias dos alumnos de Ed. Infantil e 1º, 2º, 3º de Ed. Primaria escolarizados neste centro.

EducaSaúde Sesións de abril (en formato pdf)

AVISO: Alerta por fenómeno meteorolóxico adverso

A Consellería de Educación a través da súa páxina web comunica unha alerta por fenómeno meteorolóxico adverso que afectará a este centro durante o día de mañá.

É por iso que se SUSPENDEN todas as actividades no exterior das instalacións do centro escolar durante o día 21 de Marzo ante a previsión de fortes ventos.

Na páxina da Consellería se indica o seguinte: Solicítase que permanezan atentos á información subministrada a través da páxina web do CAE112 (www.axega112.org) e se extreme a vixilancia por se as condicións meteorolóxicas da localidade onde se sitúe o centro puideran supoñer un risco superior ao declarado inicialmente.

Enlace ao aviso orixinal: Alerta por fenómeno meteorolóxico adverso, publicada o 20/03/2013 ás 12:30

Sesións do Programa EducaSaúde para o mes de MARZO

Adxúntase escrito remitido polo Concello de A Coruña no que se informa das datas das sesións programadas no mes de marzo para as familias dos alumnos de Ed. Infantil e 1º, 2º, 3º de Ed. Primaria escolarizados neste centro.

EducaSaúde Sesións de marzo (en formato pdf)

Xornada de Portas Abertas

O CEIP Alborada fará unha xornada de portas abertas o luns, día 11 de marzo, ás 16:30h., para os pais/nais de alumnado de 3 anos de nova matrícula (curso 2013/2014).

Circular informativa (en formato pdf)

Distribuir contido



by Dr. Radut