Skip to Content

Día da Paz 2014

O pasado día 30 de Xaneiro celebramos o "Día da Paz".
Este ano o lema foi unha frase do premio nobel Nelson Mandela:

"A Educación é a arma máis poderosa que podes utilizar para cambiar o mundo".


O choiva tivo unha tregua para que puidésemos sair ao patio a celebrar o día.
Tedes as fotos do momento na Galería ou simplemente picando na de abaixo.

Nadal Solidario

A Dirección e o Claustro do centro queren agradecer ás familias o seu esforzo solidario por colaborar na achega de alimentos ás organizacións: Banco de Alimentos “Rías Altas” e Cáritas Interparroquial na pasada campaña de Nadal Solidario 2013.

 

Panxoliñas e visita dos Reis Magos

Reis Magos 2013

O derradeiro día de clase antes das vacacións de Nadal foi moi especial para os alumnos de ed. infantil e primeiro ciclo de ed. primaria.
Primeiro tivemos un festival de Panxoliñas no que o pasamos moi ben. Gustáronnos moito as actuacións e cantamos un montón.
E logo das merendas tivemos a visita dos Reis Magos, este ano chegaron en coche ao mesmo patio do cole. E aínda que os nervios eran moitos entregámoslles as cartas e cando falamos con eles nos deron caramelos.

Podedes ver algunhas das fotos nos seguintes enlaces:

Visita Papá Noel

Hoxe, mércores 18, os alumnos de ed. infantil e 1º ciclo de ed. primaria tivemos a visita de Papá Noel e os seus elfos rockeros.

Pasámolo moi ben escoitando as súas cancións.

Nadal 2013

Un ano máis xa está aquí o Nadal. E de novo tivemos o concurso de postais. Aquí tedes o vídeo coas gañadoras desta edición, movede o rato baixo estas líneas e dádelle ao "play" para visualizalo, e FELIZ NADAL e PRÓSPERO 2014!

Distribuir contido



by Dr. Radut