Blogues

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe, o 3 de decembro, é o DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

Para celebrar esta conmemoración as nenas e os nenos que estudan na Gándara fixeron autorretratos que se colocaron dentro dunha figura humana que colga no centro do patio interior do colexio porque desexamos convivir...

TODAS DENTRO, TODOS DENTRO E NINGUNHA PERSOA FÓRA.

Novembro: mes da ciencia en galego

Aproveitando a conmemoración do MES DA CIENCIA EN GALEGO realizáronse desde as distintas etapas educativas varios experimentos que espertaron a curiosidade, a observación, a manipulación e a experimentación dos nenos e das nenas.

25 de Novembro

Achégase o 25 de Novembro : Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller .

O alumnado de 6º de E.Primaria participou no obradoiro " Patriarcado Baneado ",actividade proposta polo CIM Monforte.

Impartiron esta sesión Sonia e Ester, de CAVAS GALICIA ( Centro de Atención a Vítimas de Agresión Sexual )

Para ver o vídeo resumo , picade na seguinte ligazón : 

Outonía en 5º B de E.Primaria

O alumnado de 5º B de E.Primaria desfrutou con esta actividade organizada pola ANPA do cole sobre o noso patrimonio cultural : 

                                                     " OUTONÍA " 

Reaparece a mascota da biblioteca “GANDARIÑA”

 

 

 

 

Tras a visita do pregoeiro anunciando a desaparición de Gandariña (mascota da biblioteca), o alumnado do CEIP a Gándara reencontrase con ela a través de diversas probas lúdicas.