DAFIS

EDUCACIÓN VIAL: 4º infantil (3 anos)

O alumnado de educación infantil neste último trimestre tivo que aprender as normas de circulación para poder circular con vehículos.

Mirade! Mirade ás nenas e aos nenos de 4º de infantil (3 anos) como practican primeiro no colexio e logo no circuíto de educación vial de Cobas.

ASALTO AO CASTELO

O mércores, 15 de xuño de 2022, o alumnado de 6º de infantil (5 anos) subimos á Torre da Homenaxe ataviados con roupas de cabaleiros montando nos nosos cabalos de pau e logramos o noso obxectivo:

ASALTAMOS O CASTELO!!!!

EDUCACIÓN VIAL 2022

O alumnado de Educación Infantil estudamos moito para sacar o CARNÉ DE CONDUCIR e así saber transitar en bicicleta, monopatín... Fixemos un EXAME TEÓRICO e outro, PRÁCTICO. 

Mirade, mirade...

CARREIRA FAMILIAR

O vindeiro domingo, 15 de maio, será o DÍA DA FAMILIA pero, nós, no colexio adiantamos a celebración para este xoves día 12.

Realizamos unha CARREIRA FAMILIAR convidando ás familias do alumnado de infantil a acudir a acompañarnos neste momento de convivencia activa.

A GÁNDARA CORREU, CORREU E CORREU!!!!! Mirade este vídeo que o atestigua.

PAZ 2022: CARREIRA SOLIDARIA

CARREIRA  SOLIDARIA: 2º CICLO DE INFANTIL

 

CARREIRA  SOLIDARIA:  1º, 2º E 3º PRIMARIA

 

 

CARREIRA  SOLIDARIA:  4º, 5º E 6º PRIMARIA