Secretaría

Vacantes 2024- 2025

Libros de texto

Adxuntas inclúense as listaxes de libros de texto para o próximo curso.

Calendario de reclamación das cualificacións e decisións de promoción

Procedemento de admisión para o curso escolar 2023- 24

As nais, pais e/ ou persoas titoras legais que desexen solicitar praza no noso centro deberán presentar SOLICITUDE DE ADMISIÓN (modelo ED550B- Anexo I e Anexo II) no mesmo entre o día 1 e o día 20 de marzo de 2023.

Só se pode presentar unha única solicitude de admisión. Nela poderanse indicar ata seis centros na orde de prioridade que se desexe. Dita solicitude deberá presentarse no centro no que se solicite praza en primeiro lugar. A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade en caso de ser necesario aplicalos.

Reserva de praza nun centro de adscrición para o alumnado que cambia de etapa

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 16 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.