Secretaría

Renovación Consello Escolar

A renovación do consello escolar levarase a cabo segundo a calendario que a continuación se adxunta.

Nesta convocatoria deberán renovarse:

- Dous representantes das familias

- Dous representantes do profesorado

- Un representante do persoal non docente

Podedes consultar os censos de cada un dos sectores no taboleiro de anuncios do centro.

O prazo de presentación de candidaturas iníciase mañá, martes 8 de novembro, e remata o próximo martes, día 15 de novembro.

Adxunto podedes descargar os impresos de presentación de candidaturas, que tamén podedes cubrir na secretaría do colexio.

Permisos e licenzas

Adxuntos inclúense os anexos IV e V que se han de cubrir para solicitar os permisos ou licenzas correspondentes.

Ámbolos dous son autoeditables e ámbolos dous poden ser enviados en formato dixital ao correo do centro, debidamente asinados.