Comedor

Menú outubro

Admisión de COLABORADORES VOLUNTARIOS nas tarefas de apoio ao alumnado usuario do comedor escolar

As familias do alumnado de Educación Infantil e Primaria que desexen, ao longo do segundo e terceiro trimestre do presente curso escolar, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión que, habilitadas para tal fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto ata o día 15 de xaneiro de 2022.

As solicitudes pódense presentar a través de Whatsapp do centro, correo electrónico do centro ou presencialmente a partir do día 10 de xaneiro.

A lista de persoas admitidas para desenvolver tal función publicarase, tras a aprobación da mesma no Consello Escolar, o día 16 de xaneiro de 2022.

Grazas anticipadas polo interese amosado!

Bolsa de Comedor

Adxunto publicamos o Modelo de Autodeclaración e Especificacións para o cálculo do custe diario do servizo de comedor.

O prazo de entrega remata o 20 de setembro de 2021.

Tamén podedes recollelo xa impreso no colexio.

Menú do mes de Maio

Menú do mes de Abril