Conmemoracións

DE COMPRAS POR MONFORTE infantil

O 15 de marzo foi o DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DOS CONSUMIDORES E CONSUMIDORAS. E que mellor cousa que vivilo e realizar un consumo responsable. 

O alumnado de infantil saímos ás rúas a comprar pero, previamente, as familias tiveron que anotar en que tenda e que produto querían que mercásemos co presuposto máximo de dous euros. Así foi que fomos de tendas: librería, pastelería, mercerías, tendas de lambonadas, xogueterías e, no mercado de abastos, ademais de mirar na peixería, queixería, polería e carnicería, mercamos na panadería e na froitería. 

A todo isto hai que sumarlle que nos invitaron a degustar diferentes produtos e a observar distintos alimentos. Unha vez máis, resultou un experiencia para repetir. Graciñas a todas e todos!!!

8 marzo: Día da Muller. Conto O LIBRO DOS PORCOS

Na tarde do mércores, 8 de marzo de 2023, o alumnado de 5º de primaria acercouse á aula de 4º de infantil (3 anos) a lernos o conto: O LIBRO DOS PORCOS. Este conto axudounos a reflexionar sobre a igualdade na realización das tarefas do fogar. Foi un tempo especial de convivencia entre distintos niveis.

 

BO NADAL E FELIZ ANINOVO!

Non podiamos rematar o ano sen a nosa felicitación. Por iso, toda a comunidade educativa do noso cole foi partícipe do seguinte vídeo, co cal queremos desexarvos a todos e a todas BO NADAL e FELIZ ANINOVO!

Podedes velo, premendo na seguinte ligazón: https://youtu.be/6U2k2mNQrns

 

Non podedes perdelo!

Merendas de Nadal: BONECOS DE NEVE

As aulas de INFANTIL da Gándara enchéronse de BONECOS DE NEVE.

Mirade!!! Mirade!!

ASALTO AO CASTELO

O mércores, 15 de xuño de 2022, o alumnado de 6º de infantil (5 anos) subimos á Torre da Homenaxe ataviados con roupas de cabaleiros montando nos nosos cabalos de pau e logramos o noso obxectivo:

ASALTAMOS O CASTELO!!!!