As nais, pais e/ ou persoas titoras legais que desexen solicitar praza no noso centro deberán presentar SOLICITUDE DE ADMISIÓN (modelo ED550B- Anexo I e Anexo II) no mesmo entre o día 1 e o día 20 de marzo de 2023.
Só se pode presentar unha única solicitude de admisión. Nela poderanse indicar ata seis centros na orde de prioridade que se desexe. Dita solicitude deberá presentarse no centro no que se solicite praza en primeiro lugar. A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade en caso de ser necesario aplicalos.
O alumnado que ten garantía de permanencia no noso centro educativo (por estar cursando estudos nel durante o presente ano), no caso de presentar solicitude de admisión noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, no noso centro.
As solicitude de admisión presentaranse mediante modelo normalizado. Dito modelo estará dispoñible para as familias nos seguintes lugares:
- Recolléndoos no propio centro.
- Descargándoos a solicitude na páxina web da Consellería de Educación ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
- Descargándo os arquivos adxuntos desta publicación.
As solicitudes han de presentarse no centro solicitado en primeiro lugar ou a través da aplicación web ADMISIÓNALUMNADO.
Normativa Reguladora
ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES
Pódense consultar na secretaría do centro ou no buscador de centros da páxina edu.xunta.es
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS OFERTADOS POLO CENTRO
TRANSPORTE ESCOLAR
Regulado na seguinte normativa:
Orde do 15 de decembro de 1989 reguladora do transporte de escolares e obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia. (DOG 9 de xaneiro de 1990). Corrección de erros (DOG 1 de marzo de 1990)
COMEDOR ESCOLAR
Regulado na seguinte normativa:
Decreto 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación. (DOG 13 de agosto de 2013)
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Anexo I.pdf | 1.23 MB |
Anexo II.pdf | 1.31 MB |