Reaparece a mascota da biblioteca “GANDARIÑA”

 

 

 

 

Tras a visita do pregoeiro anunciando a desaparición de Gandariña (mascota da biblioteca), o alumnado do CEIP a Gándara reencontrase con ela a través de diversas probas lúdicas. 

As xornadas de procura da mascota polas que pasaron todas as etapas do centro consistiron nunha ximcana con enigmáticos e misteriosos xogos (quebracabezas, xeroglíficos, procuras en libros) nos cales foron descubrindo pistas para chegar á peza crave do seu encontro, a súa localización actual. 

 

Ademais aproveitamos as xornadas para realizar unha formación de usuarios, dotando ao alumnado e profesorado de habilidades prácticas para un bo uso e funcionamento da biblioteca. 



Deixámosvos un tríptico informativo para facilitar unha bo utilización e aproveitamento dos seus recursos e posibilidades.