Curso 2021 - 2022

ARTURO E CLEMENTINA. 25 novembro. Día contra a violencia de xénero.

ADELA TURÍN escribiu o conto ARTURO E CLEMENTINA. Trátase dunha fábula protagonizada por dúas tartarugas con diferentes inquietudes e intereses que se namoran.

O alumnado de infantil e 1º e 2º de primaria tivo a oportunidade de ver unha versión desta historia interpretada polo profesorado do noso cole.

ARTURO CLEMENTINA profes

 ARTURO vaise a pescar cada día. Deixaba soa a CLEMENTINA na casa, traíalle obxectos que non quería nin sabía como usar que lle pesaban moito sobre o seu caparazón.

-"Que farías ti sin min?"

-"Aburrirse é de parvos!!"

-"Coida isto, non o perdas! Eres moi despistada!!!"

MANIFESTO EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO. 25 novembro

  O alumnado de 6º de primaria pon voz e le este manifesto que TODO O CENTRO EDUCATIVO SUSCRIBIMOS. Desde o noso centro escolar gritamos: BASTA XA!!!!  BASTA XA!!!!  BASTA XA!!!!!

  Sabemos que a VIOLENCIA pódese manifestar de varios xeitos, con agresividade, pegando, dicindo palabras mal soantes... pero tamén dunha maneira máis delicada e case imperceptible: desprezando á outra persoa, rexeitando as súas ideas, ilusións e intereses...

A PORTA VIOLETA. 25 novembro: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Desde 3º a 6º de primaria interpretaron esta canción que expresa a busca dunha porta pola que saír e liberarse de quen oprime empregando a violencia de xénero.

 

 

Experimento: AREA MÁXICA

Estamos en novembro, MES DA CIENCIA.

Paula, alumna de 6º de Primaria, realiza este experimento "máxico" con 3 ingredientes: fariña, aceite e tinte rosa.

Como goza da súa creación!!!!

 

DÍA DA INFANCIA

                    DÍA DA INFANCIA

 

O PASADO DÍA 20 DE NOVEMBRO CONMEMOROUSE O DÍA DA INFANCIA.

OS NENOS E NENAS DE TODOS OS CURSOS EXPRESARON O SEU DESEXO DE SER FELICES, E ESPERANDO QUE ESTE DESEXO SE CUMPRA  TANTO PARA ELES COMO PARA TODOS OS NENOS E AS NENAS  DO MUNDO.