ARTURO E CLEMENTINA. 25 novembro. Día contra a violencia de xénero.

ADELA TURÍN escribiu o conto ARTURO E CLEMENTINA. Trátase dunha fábula protagonizada por dúas tartarugas con diferentes inquietudes e intereses que se namoran.

O alumnado de infantil e 1º e 2º de primaria tivo a oportunidade de ver unha versión desta historia interpretada polo profesorado do noso cole.

ARTURO CLEMENTINA profes

 ARTURO vaise a pescar cada día. Deixaba soa a CLEMENTINA na casa, traíalle obxectos que non quería nin sabía como usar que lle pesaban moito sobre o seu caparazón.

-"Que farías ti sin min?"

-"Aburrirse é de parvos!!"

-"Coida isto, non o perdas! Eres moi despistada!!!"

arturo vaise

CLEMENTINA está apenada porque non pode realizar os seus soños de viaxar e de coñecer outros mundos. Síntese parva e que ARTURO é listo. Acepta os agasallos de ARTURO e considera que non pode facer nada sen el. A pobre CLEMENTINA está triste e aburrida. Non é feliz.

"CLEMENTINA está aburrida,  quere cambiar de vida".

 Ata que toma unha decisión: CAMBIAR DE VIDA e SER FELIZ!!!! Mirade!!! Mirade!!

 Tras ver a actuación, o alumnado de primaria pegou sobre o caparazón de CLEMENTINA as palabras fermosas que a tartaruga debería ter escoitado e levado sobre si.

boas palabras CLEMENTINA