Curso 2020 - 2021

EDUCACIÓN RESPONSABLE: Educación Musical en INFANTIL

“ Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade” é un programa educativo que se desenvolve en colaboración coa Fundación Botín, que ademais de favorecer o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade, promove a comunicación e mellora da convivencia nos centros docentes a partir do traballo co profesorado, co alumnado e coas familias. É un proxecto centrado na aplicación didáctica, dentro das áreas curriculares, dunha serie de recursos de educación emocional, social e creativa. 

 O noso centro leva xa tres cursos participando neste programa. Desde a etapa de educación infantil aplicámolo coa música preparando un PUPURRI DE CANCIÓNS que interpretamos no Festival de Fin de Curso 2021. 

 

Adquisición libros de texto curso 2021- 2022

Só o alumnado de 1º e 2º curso de Educación Primaria deberá adquirir libros de texto para o próximo curso.

Os responsables do alumnado de 3º curso de Educación Primaria que, unha vez publicadas as listaxes definitivas de Fondo Libros, non estea incluído nas mesmas, recibirá notificación individual do material a adquirir.

 

FESTIVAL FIN DE CURSO

REMATAMOS ESTE CURSO CON MOITO RITMO. PREPARA ESPAZO PARA BAILAR COAS FERMOSAS ACTUACIÓNS CELEBRADAS NO ÚLTIMO DÍA. 

 

Revista escolar

Para rematar o curso e non perder detalle das cousas que fixemos no cole, non perdades detalle do primeiro número da revista escolar "GANDARIÑA" que preparamos con moito agarimo. Para vela, premede na ligazón debaixo da imaxe.

Esperamos que vos guste e que teñades un FELIZ VERÁN!                                                                                                         https://www.canva.com/design/DAEg-sMFDXQ/Qr9Nhsu7pYS_Iu3komx0lA/view?utm...

Promoción do alumnado de Infantil

Os nenos/as de 5 anos rematan Educación Infantil para comezar Primaria con moitas ganas e ilusión no vindeiro curso. Para despedirse preparaon esta fermosa canción de Mamma Mía versionada.