EDUCACIÓN RESPONSABLE: Educación Musical en INFANTIL

“ Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade” é un programa educativo que se desenvolve en colaboración coa Fundación Botín, que ademais de favorecer o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade, promove a comunicación e mellora da convivencia nos centros docentes a partir do traballo co profesorado, co alumnado e coas familias. É un proxecto centrado na aplicación didáctica, dentro das áreas curriculares, dunha serie de recursos de educación emocional, social e creativa. 

 O noso centro leva xa tres cursos participando neste programa. Desde a etapa de educación infantil aplicámolo coa música preparando un PUPURRI DE CANCIÓNS que interpretamos no Festival de Fin de Curso 2021.