PDC. CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

 
José Manuel Negreira Abelenda e Martín Pérez Calvo, alumnos de 6º e 5º de E.Primaria, representarán ao noso centro no Campionato Provincial de campo a través escolar, que se celebrará este vindeiro sábado, no circuito do parque de Acea da Ma (Culleredo)
 
Este campionato é clasificatorio para o Campionato Galego, que terá lugar o sábado 17 de Febreiro ,na Pobra do Caramiñal. 
 
José Manuel e Martín chegan moi ilusionados á proba, aínda que conscientes da dificultade que entraña, xa que, neste campionato, tomarán parte @s mellores atletas da provincia que se clasificaron nas fases intercomarcais da Coruña, Ferrol, Santiago e Noia.

Moita sorte campións!!!

As mulleres contan

Hoxe iniciou a ronda de visitas do noso proxecto de centro "As mulleres contan" unha das figuras femininas máis importantes da comarca de Bergantiños no mundo do deporte, en concreto no Fútbol Sala:

MARÍA BARDANCA

Puidemos escoitar que o mundo do deporte, e máis aínda no fútbol, foi e segue sendo "difícil" para as mulleres: "Segue habendo moitísimos prexuízos".

Con charlas coma esta queremos inculcar nos nenos e nenas que temos que loitar polo que nos gusta e os nosos soños independientemente do noso xénero, aínda que ninguén di que vaia ser doado!

 

Moitísimas grazas pola túa visita, esperámoste cando queiras.

Grazas a ANPA Fonte da Cristina pola súa colaboración.

 

A CRISTINA INAUGUROU AS VISITAS GUIADAS AO MELGA DO ANO 2018

 

Os alumnos/as de E. infantil do noso centro visitaron o pasado venres o Museo Etnolúdico de Galicia, o Melga de Ponteceso. O director da instalación, Ricardo Pérez e Verdes, foi o encargado de guiar aos nenos/as por diferentes xogos tradicionais nas dúas salas expositivas.

 

NOTICIA EN LA VOZ DE GALICIA

PDC.A CRISTINA ESTARÁ DE NOVO NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

 
Por sétimo ano consecutivo, o noso centro estará presente no Campionato Provincial de Campo a través escolar, que se celebrará o vindeiro sábado 3 de Febreiro, no circuito de Acea da Ma( Culleredo)
 
Nunha mañá típica de campo a través,fría,con vento  e cun circuito esvaradizo,Martín Pérez e José Manuel Negreira acadaron o sexto e cuarto posto nas categorías alevín e infantil masculino, o que lles otorga o pase ao Campionato Provincial.
 
O resto dos nen@s que participaron, deron o mellor de sí, destacando o 4º posto dos equipos alevín feminino e infantil masculino.
 
Cabe recordar, que fomos o centro de Carballo con máis representación, 44 nen@s e cinco equipos, algo moi meritorio.
 
 
ATLETAS CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL
 
MARTÍN PÉREZ CALVO ( ALEVÍN MASCULINO)
JOSÉ MANUEL NEGREIRA ABELENDA ( INFANTIL MASCULINO)
 
MÁIS INFORMACIÓN NO BLOG DE EDUCACIÓN FÍSICA DO CENTRO: DISFRUTAMOS MOVÉNDONOS

PDC. CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

O vindeiro sábado 20 de Xaneiro celebrarase no circuito do parque dos Menhires(A Coruña) Campionato Intercomarcal de campo a través en idade escolar, onde participarán corenta e catro alumnos/as do noso centro.

Máis información no blog de educación física do centro: " DISFRUTAMOS MOVÉNDONOS"

NADAL 2017

Estimadas familias:

Segundo se establece na Orde do 12 de xuño de 2017 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2017/18, as vacacións de Nadal abranguen dende o 22 de decembro ata o 7 de xaneiro, ambos os dous inclusive. Polo tanto, as clases reanudaranse o luns  8 de xaneiro de 2018.

Recordámoslles que este xoves 21 de decembro, as actividades lectivas rematan ás 13:05 horas. Non haberá actividades extraescolares.

O persoal docente e non docente do CEIP A Cristina aproveita para desexarvos unhas moi felices festas.

 

 

 

Recomendacións lectoras de Nadal!

Como todos os anos, o equipo de biblioteca elaborou as seguintes recomendacións lectoras para que desfrutedes nestas festas.

 

ENTREGADOS OS PREMIOS DO CONCURSO DE POSTAL E CARTEL DE NADAL DO CONCELLO DE CARBALLO

O Pazo de Cultura de Carballo foi o escenario na tarde de hoxe, da entrega dos premios do Concurso de Postal e Cartel de Nadal.

Os alumn@s do noso centro David Nogareda Regueira (autor da postal gañadora), Chloe Souto Ávila  e Noa Pena Vázquez (gañadoras de dous  accésits),recibiron os seus agasallos polos seus traballos.

Tamén recibimos un agasallo por valor de 150 euros en material didáctico, por ser o centro educativo do gañador da concurso da postal de Nadal; premio que recolleu en nome do colexio, a nosa directora Mónica Ferreira Costa.

Noraboa a tod@s!

NOTICIA NA WEB DO CONCELLO

AS MULLERES CONTAN NO MUNDO DO DEPORTE

 

 
Dentro do proxecto que estamos desenvolvendo no noso centro  " As mulleres contan", desde a área de Educación Física e de Valores Sociais e Cívicos,quixemos facer a nosa pequena aportación, dando visibilidade a esas grandes mulleres que xa forman parte da  historia do deporte en moitas e diferentes disciplinas. Non están todas as que son, pero si seleccionamos aquelas cuxas historias, de onte e de hoxe, caláronnos máis.

Día tras día millóns de mulleres no mundo practican deporte, xa sexa por saúde, por superación persoal, como un medio para atoparse e verse mellor fisicamente, para loitar contra a tensión, para compartir un bo intre cos amigos, para competir, para gañar, pola satisfacción simplemente de practicalo... Calquera razón é válida!

Este traballo interdisciplinar foi realizado polo alumnado de 5º e 6º de E.Primaria da asignatura de Valores Sociais e Cívicos, coa inestimable colaboración das mestras Nerea e Manuela.

25N - Contra a violencia de xénero no CEIP A Cristina

O 25 -N conmemorouse a nivel mundial o día contra a violencia de xénero.

Por este motivo, nestes días traballamos no CEIP A Cristina:

- Que a mellor demostración de amor é a liberdade.

- Que queremos un  mundo socialmente igual, humanamente diferente e totalmente libre.

 Ademais, consideramos fundamental educar nestes valores  aos nenos e nenas, tanto na escola como na familia.

A raíz do traballo na prevención da violencia de xénero, o noso alumnado elaborou slogans, que posteriormente transformamos en chapas.

 

TODOS UNIDOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

 

4º E.I.

 

5º E.I.

 

6º E.I.

 

 

1º E.P.

 

 

 

2º E.P.

 

 

 

3º A -  E.P.

 

 

 

3ºB- E.P.

 

 

4º E.P.

 

 

5º E.P.

 

 

 

6º E.P.

TRES ALUMN@S DO NOSO CENTRO FORON PREMIADOS NO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DO CONCELLO DE CARBALLO

Tres alumn@s do noso centro foron premiados esta mañá, no concurso de postais de Nadal do Concello de Carballo.

A postal de David Nogareda Regueira( alumno de 5º de E.Primaria), foi elexida como a gañadora do concurso.

Tamén foron recoñecidas con dous accésits, as postais de Chloe Souto Ávila e Noa Pena Vázquez, alumnas de 6º e 5º curso de E.Primaria.

Noraboa!

NOTICIA NA WEB DO CONCELLO

NOTICIA EN LA VOZ DE GALICIA-CARBALLO

PDC. RELACIÓN DE CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

 
A Federación Galega de Atletismo acaba de publicar as clasificacións da Fase Local de campo a través celebrada o pasado venres, e podemos dicir, que estamos de noraboa, xa que,  corenta e catro nen@s do noso centro conseguiron clasificarse para a Fase Intercomarcal de campo a través, que se celebrará o vindeiro sábado 2O de Xaneiro na Coruña.

 
Ás sete medallas colleitadas, e á clasificación de catorce atletas de maneira individual, hai que destacar que a nivel de equipos os resultados foron moi bos, xa que, acadamos tres primeiros,dous segundos e un  terceiro posto.
 
 
PODES CONSULTAR A RELACIÓN DE CLASIFICADOS NO BLOG DE EDUCACIÓN FÍSICA DO CENTRO:
 
 
NOTICIAS NA PRENSA LOCAL
 
 

BRILLANTE PAPEL D@S NOS@S CORREDORES NA FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

 
Un ano máis,@s nos@s corredores tiveron unha destacada  participación na Fase Local de campo a través celebrada na mañá de hoxe no campo de fútbol das " Eiroas".

Nunha mañá chuviosa,típica de campo a través, o noso centro estivo representado por 92 nen@s das categorías benxamín, alevín e infantil feminino e masculino.
 
Aínda que tódolos nen@s realizaron un gran papel, hai que destacar as medallas de ouro de Mateo Figueiras, Antía Cancela e José Manuel Negreira ; a medalla de prata de Antón Dubra ; e as medallas de bronce de Daniel Frade, Sofía Bertoa e Martín Pérez.
  
A todo isto, hai que añadir a clasificación individual e por equipos de moit@s nen@s, o que fai pensar, agardando a que a Federación Galega de Atletismo publique as clasificacións definitivas; que o noso centro estará representado por un nutrido grupo de atletas na Fase Intercomarcal, que se celebrará o vindeiro sábado 20 de Xaneiro na Coruña.

Noraboa a tod@s polo voso esforzo!!!!
 
 
PODIUM DAS TRES CATEGORÍAS
 
 
 
NOTICIAS NA PRENSA LOCAL
 
 
 
DIARIO DE BERGANTIÑOS
 
 
 
LA VOZ DE GALICIA CARBALLO
 
 
 

PDC.A FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS REUNIRÁ ESTE VENRES EN CARBALLO A MÁIS DE MEDIO MILLAR DE ESCOLARES

Carballo acollerá este venres a fase local de campo a través, unha competición organizada polo Concello en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta e a Federación Galega de Atletismo que trata de fomentar unha práctica deportiva, educativa e saudable, ademais de difundir os valores da competición desde unha perspectiva máis regrada e de facilitar a práctica dunha modalidade con moita tradición.
Este ano  participarán 515 nenos e nenas de 7 a 12 anos de idade que estudan nos colexios carballeses A Cristina, Bergantiños, Fogar, Gándara-Sofán e Xesús San Luís Romero e no CEIP Galán de Arteixo
As probas comezarán ás 10.45 coa categoría infantil masculina, e as últimas serán as participantes na carreira benxamín feminina, que teñen programada a saída para as 12.00.

PDC. INFORMACIÓN SOBRE A FASE LOCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR 2017

Un ano máis, o noso centro terá unha amplia representación na Fase Local de campo a través escolar, xa que, serán 92 atletas do noso centro, os que participarán o vindeiro venres 24( sempre que as condicións metereolóxicas o permitan) nesta proba.

 

Esta actividade forma parte do Programa Xogade, englobado no Proxecto Deportivo do noso centro.

 

As probas desenvolveranse no circuito do Polígono Industrial de Carballo.

 

Os horarios das probas serán  os seguintes:

 

10.45:  Infantil masculino ( 6º E.Primaria)

11.00: Infantil feminino ( 6º E.Primaria)
11.15:  Alevín masculino ( 4º e 5º E.Primaria) 
11.30:  Alevín feminino ( 4º e 5º E.Primaria) 
11.45: Benxamín masculino ( 2º e 3º E.Primaria) 
12.00:  Benxamín feminino ( 2º e 3º E.Primaria)

 

Moita sorte a tod@s!

 

   REGULAMENTO DA PROBA

 

CIRCUITO POLÍGONO INDUSTRIAL CARBALLO

 

NOTICIAS  NA PRENSA LOCAL

 


 
Distribuir contido