NADAL 2017

Estimadas familias:

Segundo se establece na Orde do 12 de xuño de 2017 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2017/18, as vacacións de Nadal abranguen dende o 22 de decembro ata o 7 de xaneiro, ambos os dous inclusive. Polo tanto, as clases reanudaranse o luns  8 de xaneiro de 2018.

Recordámoslles que este xoves 21 de decembro, as actividades lectivas rematan ás 13:05 horas. Non haberá actividades extraescolares.

O persoal docente e non docente do CEIP A Cristina aproveita para desexarvos unhas moi felices festas.