PROCEDEMENTO ADMISIÓN 2019-2020

PRAZO: 1 ao 20 de marzo de 2019 (ata as 14:00 horas)

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • SOLICITUDE DE ADMISIÓN ANEXO II (ED550B), debidamente cumprimentado. Poderase cubrir e xestionar dos seguintes xeitos:

         - Cumprimentarse de forma manual recollendo o Anexo II no centro educativo.

         - Cubrilo online dende a seguinte ligazón: ANEXO II

         - Desde a Sede Electrónica da Xunta de Galicia:https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B

         - Desde a aplicación:https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

  • DOCUMENTO ACREDITATIVO DO REQUISITO DE IDADE DO/A ALUMNO/A ( libro de familia e fotocopia do mesmo)
  • SÓ en caso de cambio de centro:Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, SE É O CASO.

Se se denega a consulta por parte da administración dos datos alegados, deberase traer documentación xustificativa dos datos alegados e fotocopias (incluído o DNI).

HORARIO DE SECRETARÍA do 1 ao 20 de marzo:

O venres 1 de marzo haberá horario especial de 13:05 a 14:05 (por motivo da celebración do Entroido)

LUNS: 9:05 - 9:55 horas

MARTES: 9:05 - 9:55 horas

MÉRCORES: 9:05- 9:55 e 13:15 - 14:05 horas

XOVES: 13:15 - 14:05 horas

VENRES: 9:05 - 9:55 e 12:05- 13:15 horas

 

Toda a documentación e normativa a este procedemento pode consultarse nos arquivos adxuntos, así como nos taboleiros do centro.

As familias poderán consultar o estado da tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática "admisiónalumnado" https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

A notificación electrónica ás familias a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia NOtific@ realizarase sempre que se elixira esta modalidade como medio de comunicación.

O Equipo Directivo

AdxuntoTamaño
1. DECRETO 254:2012.pdf711.8 KB
2. ORDE do 12 de marzo de 2013.pdf1.15 MB
3. ORDE do 25 de xaneiro de 2017.pdf709 KB
4. INSTRUCIÓNS DIRECCIÓN XERAL - ADMISION CURSO 2019-20.pdf548.49 KB
5. INSTRUCIONS XEFATURA TERRITORIAL DE CORUÑA- ADMISION 2019-20.pdf406.94 KB
6. ÁREA DE INFLUENCIA CEIP A CRISTINA.pdf379.58 KB
7. MAPA ZONAS INFLUENCIA.pdf538.5 KB
8.resolucion_resultado_sorteo_anual_letras_admision_2019-2020.pdf309.04 KB
9. ANEXO II ED550B-G.pdf1.13 MB
10. NOTA INFORMATIVA_0.pdf131.72 KB
11. POSTOS ESCOLARES OFERTADOS curso 2019-2020.pdf336.11 KB
12. CRITERIOS XERAIS BAREMACIÓN.pdf155.41 KB
13. CRITERIO COMPLEMENTARIO.pdf388.7 KB
14. CALENDARIO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN 2019-2020.pdf158.35 KB
15. NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO.pdf47.27 KB