Skip to Content

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO: ABRIDE A FIESTRA!

O día 24 de febreiro celébrase o nacemento de Rosalía de Castro e un ano máis no CEIP A Cristina seguimos a proposta do AELG para conmemorar este día tan especial e importante. O lema da proposta deste ano é #AbrideAFiestra.


Un extrato do manifesto que redactaron é:

"Ela é o refacho que busca abrir as nosas fiestras. Un refacho que chega dende o pasado para nos falar do futuro. Un refacho que quere abrir a fiestra para que poidamos navegar. Coa forza das baleas, da que busca novas fillas do mar, da que se ri dos papeis de xénero e nos anima a redefinilos como literatas..."

Seguindo a súa proposta elaboramos co alumnado de primaria uns caligramas coa figura de Rosalía de Castro e co seguinte poema (Follas Novas, Vaguedás, XVI):

Cando era tempo de inverno,
pensaba en onde estarías;
cando era tempo de sol,
pensaba en onde andarías.
¡Agora... tan sóio penso,
meu ben, si me olvidarías!

O alumnado de Educación Infantil repasou o poema e pintou a figura da autora.

Decoramos todas as fiestras do noso centro co resultado do noso traballo.

No seguinte vídeo poderedes ver o resultado, acompañado de Amancio Prado cantando a Rosalía de Castro.

FELIZ DÍA DE ROSALÍA!



page | by Dr. Radut