VISiTAMOS SANTIAGO DE COMPOSTELA

O pasado mércores 19 de abril , o alumnado de 5º e 6º curso de Educación Primaria visitamos a capital de Galicia. Aproveitamos para pasear polo casco antigo da cidade , vendo en directo o que estamos a estudar en Ciencias Sociais.

Posteriormente, poidemos desfrutar dunha visita guiada ao Parlamento de Galicia,  onde nos sentimos e nos "sentamos" coma os deputados. Aprendemos moito nesta visita e tamén o pasamos moi ben.

Como non, tivemos tempo de repoñer forzas merendado na Alameda. A visita foi unha forma estupenda de comezar este último trimestre do curso.

Deixámosvos unhas fotos.