VISITA DO ALUMNADO DE 5º E 6º DE E.PRIMARIA A ASPABER

Os alumnos/as de 5º e 6º de E.Primaria visitaron esta mañá,  a Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños( ASPABER).

O alumnado  coñeceu en primeira persoa as súas instalacións, e como as persoas con discapacidade intelectual,  poden lograr a súa inclusión como cidadáns mediante as distintas actividades que se levan a cabo no centro.

Dende o noso centro queremos dar as grazas a Aspaber por acercarnos a realidade do seu centro, e felicitar ao personal do centro,pola importante labor que está a desenvolver  dende hai moitos anos en pro deste colectivo.

Noraboa!!!

 

Guardar