PDC. BRILLANTE PAPEL DE JOSÉ MANUEL NEGREIRA NO CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS

José Manuel Negreira finalizou na décimo sexta posición  no  Campionato Galego escolar de campo a través,acadando a mellor clasificación dun atleta do noso centro, nas tres participacións que tivemos ata o momento no Campionato Autonómico.

José Manuel mantívose durante toda a carreira no grupo de cabeza, realizando unha  carreira de menos a máis.
 
Hai que destacar que neste Campionato, estaban presentes os sesenta  mellores atletas de categoría alevín de todo Galicia, polo que o posto acadado polo atleta do noso colexio, é moi meritorio.
 
 
Con este campionato ponse punto final  á temporada de campo a través por este curso, que en liñas xerais, pódese considerar de sobresaínte, xa que, o noso centro estivo presente por terceira vez ,nas catro fases que se organizan na nosa Comunidade.