PDC.A CRISTINA VOLVE CON FORZA AO CAMPO A TRAVÉS

 

Despois dun ano de transición, o noso centro volve con forza ás probas de campo a través, xa que, serán 78 atletas do noso centro, os que participarán mañá na Fase Local de campo a través escolar. 

As probas desenvolveranse no circuito do Polígono Industrial de Carballo.
 
Os horarios das probas serán  os seguintes:
10.45:  Infantil masculino ( 6º E.Primaria)
11.00:  Infantil feminino ( 6º E.Primaria)
11.15:  Alevín masculino ( 4º e 5º E.Primaria) 
11.30:  Alevín feminino ( 4º e 5º E.Primaria) 
11.45:  Benxamín masculino ( 2º e 3º E.Primaria) 
12.00:  Benxamín feminino ( 2º e 3º E.Primaria) 
 
 
Esta modalidade forma parte das actividades deportivas do Programa Xogade, englobado no Plan Proxecta.

Moita sorte a to@s!