Outro ano máis dende o noso centro queremos celebrar o día de Rosalía de Castro. Este ano decidimos participar na actividade organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). A AELG propuxo a elaboración e envío dunha postal cun deseño alusivo ao Día de Rosalía, e cun verso ou estrofa que actúe de estímulo creativo para que rapazas e rapaces realicen un debuxo en torno á figura de Rosalía de Castro. Por iso, durante estes últimos días, os nenos e nenas do noso colexio estiveron elaborando as postais que hoxe día 24 de febreiro regalaranse uns aos outros . Como texto a AELG propuxo a seguinte estrofa de “Alborada”, de Cantares gallegos:
Canta, paxariño alegre, canta! Canta porque o millo medre, canta! Canta porque a luz te escoite, canta! Canta que fuxeu a noite.
FELIZ DIA DE ROSALÍA!!!!!! |
|||