29/01/2013 16:32
Etc/GMT+1
Unha tempada máis, e xa van tres consecutivas, os nos@s atletas tiveron unha destacada participación na Fase Local de campo a través celebrada hoxe no campo de fútbol das " Eiroas". Para a Fase Intercomarcal que se celebrará o vindeiro sábado 2 de Febreiro no Parque deportivo de Acea de Ama ( Culleredo), clasificáronse 29 atletas do noso centro( 4 equipos e 10 atletas individualmente).
Aínda que tódolos nen@s realizaron un gran papel, hai que destacar a medalla de ouro e prata de Lucía Carro e Marta Padín na categoría benxamín femenino; e as medallas de bronce de David Pandelo, Andrés Lage e Yonatan Lema nas categorías benxamín,alevín e infantil masculino. No apartado de equipos, obtivemos o primeiro posto na categoría benxamín feminina, e o segundo posto nas categorías benxamín e alevín masculino, e alevín feminino.
Máis información no blog de eduacción física do centro: |
|||